Distribuir contido

Islamofobia

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1934 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

19/05/2016
19/05/2016
EsCULcA. Observatorio para a Defensa dos Direitos e as Liberdades.

Europa está observando un auxe dos sentimentos islamófobos ao carón dunha crise socioeconómica que ameaza con derrubar a arquitectura de integración comunitaria e os compromisos sobre a defensa das liberdades, dos dereitos humanos e da lexislación humanitaria. Este proceso está acelerándose nos derradeiros anos, igualmente motorizados pola riada de atentados terroristas de corte ŷihādista; pola presenza dunha numerosa comunidade musulmá de terceira xeración en varios países europeos, pero que visualiza notables deficiencias en materia de políticas públicas que permitan a súa inclusión e integración; e pola súbita aparición do drama humanitario dos refuxiados, principalmente dos provenientes do conflito sirio, desde mediados de 2015.

07/04/2015
07/04/2015
XXVII Simposio Electrónico Internacional (SEI) “Oriente Medio y Norte de África” Centro de Estudios Internacionales para el Desarrollo (CEID) – Argentina Mayo de 2015.

La súbita aparición del Estado Islámico (Daesh) que, desde su ofensiva durante el 2014 se erige como un nuevo actor de carácter supraestatal y con enorme capacidad de desequilibrio geopolítico en pleno corazón de Oriente Próximo (Siria e Irak), ha reabierto el secular debate sobre el Islam, la ŷihād y el presunto conflicto de civilizaciones con Occidente. Paralelo a este contexto, existen otras variables que profundizan, con diversa intensidad, la mutua desconfianza y un clima de constante polarización y conflicto frecuentemente subsistente entre los paradigmas y visiones del mundo musulmán y occidental. 

15/01/2015
15/01/2015
Praza Pública (Galicia)

Pouco despois dos atentados terroristas que sacudiron a París a semana pasada, a Rede Europea contra o Racismo (ENAR polas súas siglas en inglés), con sede en Bruxelas, advertiu nun comunicado sobre a posibilidade de “estigmatización das comunidades musulmáns en Francia (…) especialmente dado ante o actual clima antimusulmán en Europa”. Esta sensación non é nova, mais ben supón unha ampliación, con frecuencia polémica e preocupante, sobre as complexas percepcións existentes dentro da opinión pública occidental sobre o Islam e, particularmente, sobre o islamismo político, as súas causas e a súa heteroxénea expresión.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais