Distribuir contido

Integración

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1924 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

21/04/2017
21/04/2017

Unha análise de Alexandre Rey Parrado, estudante en prácticas da USC

Historicamente, Francia configurouse coma un país receptor de inmigración, con diversos fluxos e tendencias rexionais e internacionais que foron sucedéndose dende o século XIX. Entre elas destacan o recrutamento masivo de traballadores europeos e coloniais para soster o crecemento industrial e paliar o declive demográfico (ata 1950); fomento da reunificación e mobilidade familiar; preponderancia da inmigración norteafricana (a partires de 1970), entre outras.

15/11/2015
15/11/2015
IGADI

Hai pouco lin un libro que furga nas tensións europeas (“O euro, anos críticos”), vistas dende a óptica francesa. Nel se apunta a obviedade da tensión directa entre o pobo grego e alemán por razóns que conveñen a unha elite dentro do estado alemán, é dicir, e ao “stablishment” alemán, que a fin de contas é quen move os fíos do goberno teutón. Existe unha visión semellante dende outros puntos xeográficos europeos tamén.

07/02/2014
07/02/2014
La Vanguardia

Uno de los muchos acuerdos sobresalientes de la reciente cumbre de la CELAC celebrada en la capital cubana fue la creación de un Foro de Cooperación América Latina-China. Beijing lo venía reclamando hace tiempo, consciente de su idoneidad para impulsar las relaciones bi-regionales y, al mismo tiempo, consolidar la propia integración latinoamericana. Es un mecanismo del que ya dispone en relación a otros espacios geopolíticos, desde África al Golfo, pasando por los PECO. Se trata de una decisión que tendrá importantes consecuencias no solo en el plano de la institucionalización, que se verá fortalecida, sino en el ámbito político, económico, sociocultural y estratégico.

08/05/2013
08/05/2013

O próximo 23 de maio levarase a cabo en Cali (Colombia), o VII cumio da Alianza do Pacífico, entidade formalmente creada en xuño de 2012 por Perú, Colombia, Chile e México e que avanza na senda de constituírse como un novo bloque económico emerxente a nivel global, a tenor da súa atención e incidencia enfocada cara Asia.

01/03/2013
01/03/2013

A celebración a finais de febreiro en Caracas do X Consello Político da Alianza Bolivariana para os Pobos da Nosa América (ALBA), mediu unha conxuntura plena de retos para esta plataforma de integración, en particular ante os recentes acontecementos políticos en Venezuela por mor dos problemas de saúde do seu presidente Hugo Chávez, a recente reelección presidencial do mandatario ecuatoriano Rafael Correa e o ciclo electoral que durante 2013 se celebrarán en diversos países latinoamericanos, moitos deles ligados directa ou indirectamente co eixe da ALBA.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais