Distribuir contido

Hexemonía

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1960 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

30/03/2016
30/03/2016
Gaceta Sindical (CCOO) 60

China está de volta no escenario internacional e non só como produtora de mercadorías que fai chegar a todos os recunchos do planeta senón co abandeiramento dun discurso e unha estratexia singular e diferenciada. A emerxencia de China como novo actor global suscita importantes disxuntivas e a resolución dos retos que suscita definirá o ton principal das relacións internacionais no século XXI. A xestión das tensións na súa veciñanza inmediata e a consolidación dos acrónimos de diverso signo aos que deu vida nos últimos anos e nos que se adiviña a súa presenza dinamizadora indicarán a transcendencia efectiva da súa emerxencia.

09/06/2015
01/07/2015
ECO

A axenda do cumio bávaro do G7, en Alemaña, baixo a presidencia de Ángela Merkel, incluíu tanto o fomento dos acordos de libre comercio, en particular o TTIP ou o TPP, un para Europa e outro para Asia-Pacífico e ambos os dous baixo a éxida de EUA excluíndo aos BRICS, como a crise de Ucraína ou o Estado Islámico, Grecia ou a tensión nos mares da China. Os líderes reunidos en Schloss Elmau dixeron avogar por eliminar a fame e a pobreza absoluta en 2030, pero ao tempo son os auténticos campións do fomento da desigualdade no mundo, valedores dunhas políticas neoliberais que están propiciando autenticas bancarrotas sociais en numerosos países.

17/02/2014
17/02/2014
Tempos Novos

No Foro de Davos 2014 celebrado a finais de xaneiro, o primeiro ministro xaponés Shinzo Abe alertou da gravidade das tensións acumuladas en Asia-Pacífico, acusando a China, sen nomeala, de representar unha ameaza para a paz e a estabilidade da rexión. Abe veu comparar a situación da Asia de hoxe e a Europa de fai un século, con paralelismos entre a Alemaña e o Reino Unido de entón e a China e o Xapón de hoxe. Ás poucas semanas, o presidente filipino Benigno Aquino III comparou o estatus de Filipinas nas súas disputas territoriais con China coa de Checoslovaquia antes da II Guerra Mundial. Na Conferencia de Seguridade de Múnic, a representante chinesa, Fu Ying, descartou calquera analoxía entre a Asia de hoxe e a Europa de entón, destacando que China non alenta ningún proceso de expansión e que require un ambiente pacífico para fortalecer o seu desenvolvemento. Pero as comparanzas -e as súas implicacións- non ceden.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais