Distribuir contido

Guerras

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1940 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

03/03/2017
03/03/2017
Praza Pública (Galicia)

A súbita proposta de Donald Trump de aumentar a US$ 54.000 millóns o orzamento de Defensa de EUA, un 9% do PIB e o maior aumento do gasto militar estadounidense nunha década, dispara as especulacións sobre unha reordenación do equilibrio militar mundial trazado por Washington, con incertas expectativas principalmente cara Rusia tralo “Flynn-gate”, a designación do “falcón” Herbert McMaster como novo asesor de Defensa, e as repercusións que estes cambios terán na tensa relación con China. A falta de aprobarse vía Congreso, a proposta de Trump coincide coa revitalización da crise nuclear con Corea do Norte e as súas expectativas cara Irán, a neutralización do conflito sirio e as incertezas sobre como será a “nova OTAN” con Trump na Casa Branca. 

24/09/2016
01/10/2016
ECO

Como é costume, o cumio de Nacións Unidas sobre refuxiados e migrantes celebrado en setembro último en Nova York rematou cunha declaración; e, como tamén é habitual, o seu ton, xeneroso co respecto formal dos dereitos humanos de todas as persoas, compleméntase coa restrición do seu carácter non vinculante. Resultan así meras declaracións de intencións que representan unha moi feble resposta ante a importancia deste problema na axenda global. As expectativas de que o cumio signifique un punto e aparte son pouco alentadoras. Só no Mediterráneo, 2015 rematou con máis de 3.700 mortos e no que vai de 2016 xa case se alcanzou esa cifra. Europa, afectada directamente polo problema ata o punto de suxerir unha perigosa inestabilidade, leva a dianteira nesa incapacidade.

19/12/2012
19/12/2012
El Progreso

Os vaticinios para o ano entrante non poden obviar a persistencia da crise económica global, fenómeno de gran calado que paseniñamente está a acelerar a transformación da realidade xeoestratéxica mundial, acentuando as transferencias de poder e a irrupción de novos equilibrios.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais