Distribuir contido

Guaidó

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2145 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

26/02/2019
27/02/2019
Praza

A foto en comandita de Juan Guaidó, o presidente colombiano Iván Duque e o vicepresidente norteamericano Mike Pence lembrou inevitablemente o trío das Azores no contexto da guerra de Iraq. Guaidó apelou á comunidade internacional para manter “todas as opcións abertas”. A negativa dalgúns países do Grupo de Lima e da UE a secundar unha eventual intervención militar desbaratou o guión.

31/01/2019
31/01/2019
Praza Pública

O asesor de seguridade nacional estadounidense, John Bolton, compareceu ante os medios cun caderniño coa anotación do envío de 5.000 soldados a Colombia, país onde o Pentágono ten á súa disposición ata sete bases militares, no seu día, por certo, mediante un acordo autorizado inicialmente polo presidente Álvaro Uribe coa democrática forma de tan sequera pasar o acordo polo Congreso. O mesmo Bolton, ao día seguinte, confesaba abertamente e sen andrómenas que o petróleo venezolano era unha grande oportunidade de negocio e que as multinacionais estadounidenses do sector andaban xa traballando arreo no asunto. Engadindo: “é moito o que nos xogamos procurando que isto saia correctamente”. A Casa Branca, tan preocupada polo presente e futuro da democracia en Venezuela e en todo o mundo, amosa unha insolencia e arrogancia ilimitadas.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais