Distribuir contido

Grecia

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1907 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

15/11/2015
15/11/2015
IGADI

Hai pouco lin un libro que furga nas tensións europeas (“O euro, anos críticos”), vistas dende a óptica francesa. Nel se apunta a obviedade da tensión directa entre o pobo grego e alemán por razóns que conveñen a unha elite dentro do estado alemán, é dicir, e ao “stablishment” alemán, que a fin de contas é quen move os fíos do goberno teutón. Existe unha visión semellante dende outros puntos xeográficos europeos tamén.

19/07/2015
20/07/2015
El Periódico

China mantiene buenas relaciones con Atenas, pero en modo alguno cabría imaginarse que pudiera terciar en su agrio diferendo con Bruselas. Ello a pesar de que, off the record, en más de una ocasión, Beijing mostró extrañeza por la “falta de resolución” comunitaria para afrontar con altura de miras y perspectiva estratégica las dificultades del país heleno. No obstante, como cabía esperar, el primer ministro Li Keqiang, en su reciente visita a Europa no impartió lecciones sobre cómo China resolvió el problema, salvando algunas distancias, de su Grecia interna (caso de Wenzhou, por ejemplo, en 2011, con una población similar a la de Grecia) sino que optó por expresar su confianza en la “sabiduría europea” para resolver el litigio si bien con la esperanzada premisa de que Atenas permaneciera tanto en la Unión como en el euro.

13/07/2015
13/07/2015
La Voz de Galicia


Que está pasando en Europa para que xa nin maneiras teñamos? Non falamos agora de capacidade política nin doutras capacidades hoxe tamén ausentes. Só nos referimos a ese mínimo e indispensable saber estar esixido a todo dirixente, sexa político ou de calquera outra índole.

13/07/2015
13/07/2015
Sermos Galiza

Unha reflexión de Teresa Barro

As pesquisas de opinión non acertaron nas eleccións xerais do Reino Unido e non acertaron tampouco no referendo da Grecia. No Reino Unido a única que acertou, e con exactitude, foi a que se fixo a pé de urna. Esa foi a que usou a BBC para o seu programa de seguimento das eleccións, e aquela noite os comentaristas políticos da propia BBC e dos demais mídia non podían acreditar que fora saír o resultado que esa pesquisa anunciaba, que lles parecía impensábel e que, porén, revelou un electorado intelixente e que non se deixou manexar. O mesmo sucedeu có referendo da Grecia: segundo as pesquisas de opinión, os do si e os do non andaban empatados, mas non foi así e o resultado deixou sobresaltados aos valentóns da Unión Europea que nunca pensaron que perderían a xogada.

09/07/2015
09/07/2015
Praza Pública (Galicia)

A inesperada intervención nas derradeiras semanas do presidente estadounidense Barack Obama instando á Unión Europea a acordar un consenso con Atenas a fin de evitar a súa hipotética saída do Euro, nun contexto determinado polos esforzos do primeiro ministro grego Alexis Tsipras por equilibrar unha serie de presións externas sobre o seu goberno, da a entender que detrás da crise grega existen variables xeopolíticas de maior calado. Estas variables veñen determinadas pola estratéxica posición grega como país membro da OTAN, xeograficamente próxima a escenarios de conflito (Ucraína, Siria, Libia), doutros socios da Alianza Atlántica que adoptan posicións autonomistas cada vez mais distantes dos intereses occidentais (Turquía) e principalmente polos recentes achegamentos de Tsipras cara actores incómodos para Washington (Rusia, China), que lle permitan abrir alternativas ante a asfixiante presión dunha “troika” claramente derrotada polo voto popular no recente referendo grego.

06/07/2015
06/07/2015
La Voz de Galicia


Os poderes financeiros europeos, que só se senten a gusto fóra da democracia, puxeron os seus berros máis alá dos ceos pola consulta de onte de Tsipras ao pobo grego. Porque a medida, á marxe mesmo da vitoria do non, pon en cuestión as esixencias da troika, e os dogmas, como cuestión que son de fe, non se poden discutir.

06/07/2015
06/07/2015
ECO

Dende 1989, Europa vive un cuarto de século de galopante proceso de deconstrución. A medida que afonda o alargamento e a integración comunitaria, afástase en paralelo das ideas clave que fixeron posible o propio ideal europeo: a democracia, a paz, os dereitos humanos, o Estado do benestar, a economía social de mercado, o respecto ao ambiente, a cohesión e a solidariedade… Nese contexto, o referendo grego, con independencia do que aconteza respecto da permanencia de Atenas no euro e na propia UE, marcará un punto de inflexión nese transcurso para evidenciar que a persistencia no extremismo neoliberal alentado polo conservadorismo trala caída do muro de Berlín constitúe a maior ameaza para a subsistencia de Europa entendida como expresión dunha visión autónoma global.

15/06/2015
14/06/2015
Sermos Galiza

Unha reflexión de Teresa Barro

A Union Europeia é un edificio tan mal construido que non pode deixar que se mude ou se quite nengunha das pezas das que está feito porque se viria tudo abaixo.  Foi un proxecto que entusiasmou  aos que querian instituir un modelo de estado transnacional e antidemocrático que inaugurase a época do estado-mercado na que as nacions fosen ¨produtos¨ ao servicio das elites. Na prática non podía sair ben porque a matemática do pensamento foi errada desde o inicio e se fixeron as contas baseándose en que dous mais dous non tiñan que ser catro e podian ser tres ou cinco ou calquer outra cousa se asim se queria que fose.

20/04/2015
20/04/2015
Magazine Español (Venezuela)

La visita del primer ministro griego Alexis Tsipras a Moscú a comienzos de abril parece sugerir hipotéticos escenarios de calado geopolítico e incluso energético, trazados en momentos de delicada tensión tanto en las relaciones entre Occidente y Rusia como en las de Atenas y la Unión Europea, entre las que se mantienen expectantes las incertidumbres sobre una eventual salida griega del euro.

22/03/2015
22/03/2015
Sermos Galiza

Unha reflexión de Teresa Barro

Os gregos esperaban que a Union Europeia cederia na cuestion económica, como era o habitual até hai pouco, e fecharia os ollos para que Grécia non saíse da Union, igual que os fechou para que entrase nela sabendo que as contas que apresentaran eran falsas. Mas as cousas mudaron.

11/03/2015
10/03/2015
El País

El tira y afloja entre Atenas y Bruselas tiene proyecciones significativas en otras capitales más allá de la Unión Europea. La alusión a Beijing –al igual que Moscú- como una alternativa de financiamiento de las depauperadas arcas griegas se antoja, no obstante, complicada. Ello a pesar de que no es precisamente liquidez lo que falta en las cuentas chinas y que Grecia ha ganado en importancia estratégica para China de forma notable en los últimos años. A la gratitud por la solidaridad griega en la evacuación de sus ciudadanos durante la guerra contra Gadafi en Libia, por ejemplo, se une su condición de nudo referencial en la Ruta Marítima de la Seda, un proyecto estrella de las nuevas autoridades chinas.

05/03/2015
05/03/2015
Sermos Galiza

Unha reflexión de Teresa Barro

Alemaña gusta de actuar partindo  de que non habería problema se as outras nacións da Europa fosen traballadoras como ela, se administrasen ben e gastasen menos do que gastan. Quer facer ver que se Grecia se tivese administrado mellor, non estaría cós problemas que ten de falta de liquidez e de non poder pagar a dívida. Mas Alemaña foi a que mais se beneficiou do mercado amplo e cautivo que para ela foi a UE, e o que mais teme agora é que o mercado desapareza e non ter onde meter ese exceso de exportación que lle permitiu viver ben todos estes anos. Se os alemáns fosen tan bos administradores como pensan, debían se ter decatado de que dar crédito a un país como Grecia era arriscado demais. Sabíano, mas non lles importou, porque preferiron a ganancia codiciosa  e egoísta a actuar con prudencia e seguindo as normas da boa administración.

17/02/2015
17/02/2015
IGADI

En 1953 el 55% de la deuda externa alemana fue perdonada por sus acreedores en una histórica reunión celebrada en Londres. En efecto, los veinte países a los que la República Federal Alemana debía lo que para ese entonces era la gigantesca suma de 32,2 millardos de marcos, decidieron borrar de sus libros más de la mitad de esa acreencia. Hoy los alemanes, encabezando la lista de acreedores a los países en crisis de la eurozona, se caracterizan por su inflexibilidad en las condiciones de pago y en las exigencias de ajuste estructural. Cierto que es su dinero el que ha permitido refinanciar gran parte de dichas deudas (como también lo es el que ellos son los mayores beneficiarios de la existencia de la Eurozona), pero ello no mitiga el enfoque draconiano con el que visualizan el tema.

17/01/2015
17/01/2015
Sermos Galiza

Unha reflexión de Teresa Barro

O 2015 vai ser un ano interesante na Union Europeia.  Que vai pasar coa Grécia?  Alemaña lanzou sinais de que non importaria muito se a Grécia saíse da eurozona e até da UE.  Esas sinais estan destinadas a facerlles saber aos gregos que van ter que pagar as dívidas, que son muitas, sobretudo cós bancos e as empresas alemás, e que non se lles vai permitir que sigan có de aproveitar que a UE non quera que se vaian para non pagar.  A realidade semella ser que, governe ou non Syriza, Grécia non vai pagar, porque non ten con que, e aí ven a cuestion fundamental:  se a UE permítelle que non pague, outros países faran depois igual.  E se non llo permite, Grécia terá que sair da eurozona ou da UE, e outros países depois sentiranse tentados a facelo tamben.  O efeito dominó poderia darse de calquer maneira, con consecuencias que dan pánico ás elites da UE e aos políticos dos países que a integran.  

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais