Distribuir contido

Gobernanza

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1934 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

18/01/2017
18/01/2017
El País

Nos seus xa catro anos de mandato, Xi Jinping conformou unha vasta operación de centralización do poder político e da súa propia autoridade. Convertido en “home forte” de China, a súa cualificación como “núcleo da dirección do Partido” elévalle a un novo status que pode supoñer unha creba no liderado colectivo que Deng Xiaoping, o arquitecto da reforma e apertura, dispuxo para evitar o rexurdir do culto á personalidade e a acumulación dun poder excesivo por parte dun único líder. No argot político chinés, ser considerado “núcleo” engade un plus significativo ao seu titular aínda que non lle aporte atribucións específicas a maiores, polo menos estatutariamente.

15/01/2017
15/01/2017
IGADI

Nun mundo de incertezas como o actual, os pequenos Estados teñen maiores dificultades para ter éxito que os de maior tamaño. Para a súa supervivencia e prosperidade teñen que ser abertos e estar conectados ao mundo, mais á vez fainos vulnerables aos choques externos. A pesares deste paradoxo, non teñen practicamente outra opción nun mundo interdependente e onde ningún Estado pode ter éxito por si mesmo.

04/11/2016
04/11/2016
IGADI

Na actualidade, en numerosas sociedades do mundo estase abrindo o debate sobre a necesidade do afondamento na democracia directa. Nos estudos sobre este tipo de democracia, esta é habitualmente definida como o proceso no que os cidadáns toman decisións por eles mesmos sen institucións representativas (Hague, Harrop e Breslin, 1998, 21). Así mesmo, nos estudos sobre a democracia tense valorado o tamaño dos países como un determinante importante sobre a calidade da democracia (Diamond e Tsalik, 1999); menos se di sobre a democracia directa, como se verá a continuación.

04/11/2016
04/11/2016
Anuario CEID (Arxentina)

A sexta sesión plenaria do Comité Central do Partido Comunista de China (PCCh), celebrada en Beijing do 24 ao 27 de Outubro de 2016, puxo o broche no político a un ano certamente intenso no xigante asiático. Igualmente, marcou o inicio da conta atrás para o XIX Congreso que terá lugar no segundo semestre de 2017. 

02/09/2016
02/09/2016
The Huffington Post

Unha gran ambición marca o cume en Hangzhou (Zhejiang) do G20. China leva inmersa varias semanas nunha perseverante exaltación das posibilidades deste encontro. Mentres, ao resto do mundo véselle bastante despistado en relación ao evento, con cada país integrante do foro centrado en problemas internos de diversa natureza, o que parece ir en detrimento das altas expectativas chinesas. 

05/04/2016
05/04/2016
Diario El Correo (Bilbao)

Falta ano e medio para o próximo congreso do Partido Comunista de Chinesa, pero unha emanación de nerviosismo parece render xa nas súas filas. Como é natural, existe preocupación pola evolución da economía e as consecuencias dos axustes derivados do cambio no modelo de desenvolvemento, pero non é aí onde parecen radicar as principais cábalas. Pola contra, certa obsesión atribuída ao secretario xeral Xi Jinping de querer manexar todos os fíos do proceso prescindindo do consenso arremuíña a máis de un na súa contra. O problema non se debe tanto ás peticións de dimisión de dubidosa procedencia e que transcenderon publicamente nas últimas semanas como aos debates nas súas propias filas e entre os seus partidarios sobre o rumbo tomado.

12/02/2016
01/03/2016
ECO

A recente axitación nos mercados financeiros subliña a natureza extremadamente fráxil da actual recuperación económica global e amosa a necesidade de impulsar unha auténtica coordinación política capaz de acelerar as reformas da gobernanza económica global. Tense falado moito delas nos últimos anos, pero con escasos avances prácticos, tanto que todo fai temer unha repetición, agravada, de escenarios pasados.

30/07/2015
30/07/2015
IGADI

O mapa do poder local resultante do 24M abre posibilidades practicamente inéditas para articular unha acción exterior específica neste ámbito territorial. Non é unha extravagancia como algúns puideran pensar, senón unha política pública máis igualmente necesaria para captar recursos e identificar oportunidades, xestionando propostas económicas, socioculturais, políticas e de solidariedade, ademais de sinalar e aproveitar experiencias exteriores en temáticas susceptibles de mellorar as nosas capacidades de resposta a desafíos comúns e influír na evolución dos marcos inmediatos. En definitiva, unha ferramenta para o desenvolvemento que precisa de ideas e instrumentos adaptados para aproveitar todo o seu potencial fomentando alianzas internas, sinerxías e a participación en redes.

25/09/2012
25/09/2012

A acción exterior é un activo esencial para calquera sociedade que pretenda estar no mundo e tirar proveito tanto das novas oportunidades como situarse na corrente das principais tendencias internacionais. Só así se pode arbitrar un palco de encontro entre pobos e culturas pero tamén reducir o peso da periferia e da distancia dos principais centros de poder.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais