Distribuir contido

Francia

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1859 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

12/12/2016
12/12/2016
IGADI

            El concepto América Latina emana en Francia y es producto de la llamada tesis Pan Latina, cuyo objetivo era la proyección de poder e influencia francesa del otro lado del Atlántico.  Al acuñar el término que hoy nos identifica como región se buscó legitimar la invasión a México adelantada por Napoleón III.

30/01/2016
30/01/2016
IGADI

Unha análise de Daniel Arias (estudante en prácticas da USC)

O pasado mes de decembro rexistrábase por primeira vez en Córsega a vitoria e conformación dun goberno nacionalista, o que fixo tremer os cimentos da sociedade francesa. A coalición nacionalista Pè a Corsica (Por Córsega) obtivo, con 24 escanos, unha ampla vitoria nas eleccións rexionais, quedando a só dous escanos da maioría absoluta.

20/11/2015
20/11/2015
IGADI

Unha análise de Daniel Arias (estudante en prácticas da USC)

Bretaña é un territorio dotado dunha gran singularidade no interior das fronteiras francesas. Dous idiomas, unha cultura e un territorio propios ademais dunha ampla traxectoria como pobo ao longo da historia dótana de tódolos elementos teóricos constituíntes dunha nación. Aínda que sen Estado propio que lle proporcione un sustento como entidade política independente, Bretaña séguese a considerar unha das nacións mais antigas de Europa, unida ás demais nacións celtas coas que conserva lazos culturais de gran valor.

08/11/2015
08/11/2015
The Huffington Post

Contrasta el éxito del reciente viaje del presidente chino Xi Jinping a Reino Unido con el flojo balance de la visita a EEUU en septiembre último. Sin mediar descanso, Alemania, Holanda, Francia han movido pieza a renglón seguido para tomar posiciones ante las grandes iniciativas chinas, ya hablemos de la Ruta de la Seda o del BAII (Banco Asiático de Inversión en Infraestructuras) alcanzando acuerdos que apuestan por nuevas vueltas de tuerca a la relación bilateral.

20/10/2015
20/10/2015
IGADI

Unha análise de Daniel Arias (estudante en prácticas da USC)

Apenas un ano despois do anuncio de desarme por parte da organización terrorista do Fronte de Liberación Nacional de Córsega (FLNC), a illa enfronta unhas eleccións por primeira vez coa ausencia da violencia armada no seu territorio. Este feito crea unha incógnita sobre a resposta que terá nas urnas o nacionalismo corso.

21/09/2013
21/09/2013
Tempos Novos

En declaracións a Fox News o presidente sirio, Bachar Al Assad, afirmou de xeito taxante que o seu país non atravesa unha situación de guerra civil. "Vivimos un novo tipo de guerra (...) contra milleiros de jihadistas (...) na súa meirande parte membros de Al Qaeda e as súas ramificacións", asegurou Al Assad, expresándose en inglés ante as cuestións dos xornalistas da canle estadounidense desprazados a Damasco. Segundo este, desde o inicio de conflito, hai dous anos e medio, "ducias de milleiros de sirios e uns 15.000 soldados gobernamentais foron asasinados, a maioría en ataques terroristas, asasinatos e atentados suicidas". Al Assad tamén indicou que o ataque con armas químicas contra o barrio Goutha da capital, o 21 de agosto, foi obra dos rebeldes, e non das súas forzas armadas, tal e como aseveran desde o bando inimigo.

20/01/2013
20/01/2013
Praza Pública

A presenza das tropas francesas e aliadas (europeas e africanas) en Malí poderá servir para conter as milicias de radicais islamitas que avanzan dende o norte do país, nun esforzo que será custoso e prolongado. O resultado final da operación é incerto, e a proliferación de análises simplistas que todo o reducen a unha guerra “xusta e necesaria” para gañarse unha vez mais o apoio incondicional da opinión pública, ignorando as complexidades sobre o terreo, fan temer o peor.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais