Distribuir contido

europeísmo

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1895 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

03/12/2015
03/12/2015
La Voz de Galicia

Onte, de maneira inesperada, faleceu en Ciudad Real Ramón Lugrís. Con el e con outros rapaces, no inicio dos anos cincuenta, unha nova mocidade galeguista comezou a lumbrigar no ceo escurecido deste país. Con Mourullo, Beiras, Baliñas, Vidán Torreira, Rubal, e logo Méndez Ferrín, Ramón Lorenzo e outros, constituíase o primeiro grupo galeguista mozo posterior á guerra civil. Lugrís tiña por entón uns catro ou cinco anos máis ca nós, razón pola que aparecía como o irmán maior que, ás veces, se sentía lexitimado para berrarnos, se ben sempre con cordialidade.

03/12/2015
03/12/2015
Praza

Faleceu Ramón Lugrís. Nacido no Ferrol en 1932, Lugrís  é unha desas voces ignoradas e que, non obstante, non pode faltar en calquera aproximación ao galeguismo da posguerra. Lugrís mantivo sempre un especial interese polos asuntos europeos e internacionais que encarou cunha aptitude extraordinaria para a análise e a interpretación, desenvolvidas cunha destreza e finura peculiares.

15/06/2015
14/06/2015
Sermos Galiza

Unha reflexión de Teresa Barro

A Union Europeia é un edificio tan mal construido que non pode deixar que se mude ou se quite nengunha das pezas das que está feito porque se viria tudo abaixo.  Foi un proxecto que entusiasmou  aos que querian instituir un modelo de estado transnacional e antidemocrático que inaugurase a época do estado-mercado na que as nacions fosen ¨produtos¨ ao servicio das elites. Na prática non podía sair ben porque a matemática do pensamento foi errada desde o inicio e se fixeron as contas baseándose en que dous mais dous non tiñan que ser catro e podian ser tres ou cinco ou calquer outra cousa se asim se queria que fose.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais