Distribuir contido

Estreito de Taiwan

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1952 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

15/04/2016
16/04/2016
OPCh

Desde o pasado 16 de xaneiro, cando o PDP venceu en toda regra ao KMT nas eleccións lexislativas e presidenciais, a axenda de diferenzas a través do Estreito non fai senón crecer. 

O último episodio condúcenos a Kenia. Taipei denunciou o “secuestro e repatriación” a China continental de ata 45 taiwaneses sospeitosos de fraude no país africano que foron absoltos por un tribunal local. A acción abre unha vía para que calquera taiwanés inmerso nun proceso xudicial noutras partes do mundo sexa susceptible do mesmo tratamento. É a primeira vez que China logra repatriar desde África un continxente tan numeroso de sospeitosos de fraude. O seu argumento é dobre: as vítimas da súa acción son continentais e Taipei é “demasiado indulxente” con estes supostos delincuentes.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais