Distribuir contido

Estado de Dereito

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1940 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

04/11/2016
04/11/2016
Anuario CEID (Arxentina)

A sexta sesión plenaria do Comité Central do Partido Comunista de China (PCCh), celebrada en Beijing do 24 ao 27 de Outubro de 2016, puxo o broche no político a un ano certamente intenso no xigante asiático. Igualmente, marcou o inicio da conta atrás para o XIX Congreso que terá lugar no segundo semestre de 2017. 

21/03/2016
21/03/2016
The Huffington Post

Trala visita de Xi Jinping aos principais medios centrais que “conectan a China co mundo” (Televisión Central, Diario do Pobo, Axencia de Noticias Xinhua), en palabras do propio secretario xeral do PCCh, a “lealdade ao Partido” converteuse no apelido irrenunciable dos medios; isto equivale a dicir que o aliñamento coas teses oficiais refórzase e as canles ou espazos para o exercicio da crítica, por pequena ou benintencionada que sexa, redúcense á mínima expresión, pasando a considerarse un intento de “danar a imaxe” do Partido.

12/02/2016
12/02/2016
Alternativas Económicas

Ás tensións derivadas da transición económica, China debe sumar a xestión das reformas en diversos capítulos nos que precisa ofrecer resultados tanxibles de cara ao XIX Congreso do Partido Comunista (2017). A harmonía socioeconómica, a independencia da xustiza, as contradicións territoriais (desde Hong Kong ou Taiwan ao afastado Xinjiang) ou a axenda ambiental constitúen imperativos insoslaiables que non darán un respiro ao liderado do PCCh.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais