Distribuir contido

Erdogan

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1835 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

24/11/2016
24/11/2016
Palavra Comum (Galicia)

Son cada vez maiores as especulacións enfocadas nunha presunta invasión militar turca a Siria, a través da denominada “Operación Escudo do Éufrates”. De eventualmente certificarse, asistiríamos á primeira invasión militar en Siria por parte dun país membro da OTAN que, ironicamente, ten reorientado nos derradeiros meses un xiro xeopolítico de cariz “euroasiático”, especialmente manifestado coa súa entente con Rusia. Alén das pretensións xeopolíticas establecidas polo cada vez mais autocrático presidente turco Recep Tayyip Erdoĝan, cuxa masificación da represión interna consolídase ante a opaca reacción occidental, este súbito xiro dos acontecementos por parte de Erdoĝan en Siria supón un cambio de ecuación de carácter disuasivo e preventivo, a fin de asegurar os intereses turcos ante a próxima asunción presidencial de Donald Trump e para neutralizar as inquietudes atlantistas sobre a definición xeopolítica de Ankara. 

03/11/2015
03/11/2015
Praza Pública (Galicia)

A pesar de non obter a maioría absoluta na repetición dos comicios parlamentarios celebrados o pasado 1º de novembro, a nova e contundente vitoria electoral do presidente turco Recep Tayyip Erdogan e do seu partido islamita da Xustiza e do Benestar (AKP) certifica a consolidación dunha hexemonía política e electoral que, ironicamente, aséntase nun país cada vez mais fortemente polarizado, particularmente por aqueles labirínticos camiños trazados pola contrariedade entre sectores laicos e relixiosos, que premen pola súa primacía nun país estratexicamente localizado no corredor euroasiático. 

21/10/2015
21/10/2015
Praza Pública (Galicia)

Europa semella redescubrir no presidente turco Recep Tayyip Erdogan ao seu “xendarme necesario”. E a Turquía como o seu policía fronteirizo. Incapaz de acometer con celeridade a peor crise de refuxiados desde o final da II Guerra Mundial, Bruxelas, da man da chanceler alemá Ánxela Merkel, prefire “cortar polo san” e blindar a Turquía como unha especie de freo represivo da vaga de inmigrantes que foxen de conflitos nos que Occidente ten unha elevada responsabilidade. E, de paso, asegurar que Turquía, aliado estratéxico da OTAN, non se incline cara outros horizontes, alleos aos intereses occidentais, nin descarrile cara unha perigosa inestabilidade.

30/07/2015
30/07/2015
Praza Pública (Galicia) e Revista ZETA (Venezuela)

Existen unha serie de complexas variables detrás da repentina decisión do presidente turco Recep Tayyip Erdoğan de romper as negociacións de paz coa comunidade kurda en Turquía, revitalizando a opción militar a través dunha serie de ataques contra bases do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK) no Norte de Iraq. Paralelo a esta ofensiva, Turquía iniciou por vez primeira unha serie de ataques contra posicións do Estado Islámico en Siria, facendo causa común coa estratexia estadounidense impulsada por Barack Obama en outubro de 2014, consolidada co permiso turco outorgado a Washington e a OTAN para utilizar a súa estratéxica base aérea na localidade de Incirlik. En chave interna, e se ben o complexo contexto postelectoral turco e o recente atentado terrorista na localidade de Suruç na fronteira con Siria son factores que poden explicar algunhas destas variables detrás da inesperada decisión de Erdoğan, a mesma moi probablemente estaría mediatizada pola reconfiguración de intereses estratéxicos que se están observando actualmente en Oriente Próximo, particularmente impulsada por Washington, tomando en perspectiva a aceleración dos plans de ataque contra o Estado Islámico e o efecto xeopolítico traducido polo recente acordo nuclear con Irán e as expectativas de distensión con Teherán. 

11/06/2015
12/06/2015
Revista Zeta

A pesar de ganar las elecciones legislativas del pasado domingo 7, el islamista Partido de la Justicia y el Desarrollo (AKP por sus siglas en turco) del presidente Recep Tayyip Erdogan, no podrá conservar la mayoría absoluta necesaria para modificar la Constitución, viéndose en la disyuntiva de tener que gobernar en coalición. Este freno a las tentativas autocráticas de Erdogan se ve igualmente polarizado ante el avance significativo del partido pro-kurdo HDP, el cual parece aglutinar el voto de descontento de las nuevas clases medias turcas hacia el estilo político del AKP. Si bien el resultado electoral refleja un necesario equilibrio de poderes en la nueva Asamblea Nacional turca, los síntomas de atomización y polarización social y política post-electoral amenazan con recrear un clima de inestabilidad en un país emergente y estratégico para los intereses geopolíticos occidentales, en especial por su condición fronteriza con el conflicto sirio y la consolidación del Estado Islámico en pleno corazón de Oriente Medio.

22/07/2014
22/07/2014
Mundiario (Galicia-España)

De cara as eleccións presidenciais turcas previstas para o próximo 10 de agosto, o actual primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan anunciou a comezos de xullo a súa candidatura para o cargo de xefe de Estado polo gobernante partido Xustiza e Desenvolvemento (AKP en turco). O seu anuncio non resultaba unha novidade. No poder desde 2003, ninguén dubida que Erdogan e o AKP impulsaron unha inevitable transformación das estruturas de poder, do tecido social e do mapa político e xeopolítico turco, superando a tradicional atomización e os síntomas de inestabilidade do sistema político do país euroasiático. Con todo, Erdogan e o AKP abordarán intensos desafíos políticos e electorais que anuncian eventuais transformacións de cara ao 2023, ano que conmemora o centenario da proclamación da República kemalista.

31/10/2013
31/10/2013
Revista ZETA (Venezuela)

El recientemente inaugurado proyecto Marmaray de construcción de un canal marítimo bajo el estrecho del Bósforo, supone la piedra de lanza de una serie de proyectos de infraestructuras impulsados por Turquía para ampliar un canal de integración entre Asia y Europa, el cual consolide a Estambul como un centro neurálgico y geopolítico internacional. En perspectiva, esta serie de proyectos de infraestructuras buscan consolidar a Turquía como un polo emergente de desarrollo, visión en la que el primer ministro turco Recep Tayyip Erdogan asienta sus principales ambiciones políticas.

11/10/2013
11/10/2013

 

Concentrado nun complexo programa de reformas políticas atenuadas pola intensificación das protestas políticas e sociais, o primeiro ministro turco Recep Tayyip Erdogan observa como a política exterior de “neotomanismo” e de “cero problemas cos seus veciños”, deseñada polo seu ministro de Exteriores, Ahmet Davutoğlu, comeza a diluírse ante as tensións derivadas dunha estratéxica localización como epicentro do espazo euroasiático.

05/06/2013
05/06/2013
Praza Pública (Galicia)

As protestas dun “feixe de marxinais”, segundo o cualificativo empregado polo primeiro ministro turco, para salvagardar unha parcela de xardín público en pleno centro de Istambul derivou nunha mobilización cidadá contra a política de Recep Tayyip Erdogan. A chama da rebelión foi avivada por un uso excesivo da forza contra os contestatarios e a prepotencia do propio Erdogan, quen amais de menosprezar aos manifestantes non tivo a ben modificar un ápice a súa axenda, nin tan siquera de pospoñer a xira polo Magreb diante da explosiva situación do país.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais