Distribuir contido

Eleccións EUA

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1828 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

09/11/2016

Na TVG, no Telexornal Mediodía. Entrevista a Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI, a propósito das eleccións estadounidenses. Hora: 14.30 pm.

09/11/2016

Na TVG, no programa "Bos Días". Participación de Roberto Mansilla Blanco a propósito das eleccións estadounidenses. Hora: 10:00 am.

09/11/2016

Na Radio Galega. Programa "Galicia por Diante". Entrevista con Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI, a propósito das eleccións estadounidenses. Hora: 8:00 am.

25/10/2016
25/10/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 17 ao 23 de Outubro de 2016

1. Informe

As eleccións presidenciais estadounidenses espertan a natural preocupación en Taiwan, tendo en conta os importantes lazos que vertebran as relacións bilaterais. Quen sería máis beneficioso para Taipei: Trump ou Clinton? A candidata demócrata non gusta especialmente en China continental, o cal podería, por engadido, xerar maiores simpatías en Taiwan. Por outra banda, Hillary Clinton recadou importantes fondos entre os taiwaneses radicados en EUA (moito máis que Trump), mostrándose disposta a seguir a política de Obama neste aspecto. No entanto, algúns taiwaneses móstranse receosos co comportamento demócrata en aspectos chave como a venda de armas ou o aval á integración económica (o Acordo Transpacífico, que Clinton non ve con bos ollos). Hillary, en calquera caso, definiu a Taiwan como un importante socio económico e de seguridade de EUA, segura de que contribuirá ao éxito da súa política de Pivot to Asia.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais