Distribuir contido

Eleccións británicas

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1924 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

10/05/2015
09/05/2015
Sermos Galiza

Unha reflexión de Teresa Barro

Os conservadores obtiveron maioría nas eleccións xerais do 7 de maio, moi en contra do que predicían as pesquisas de opinión, que daban empate entre o partido conservador e o traballista.

A razón principal desa vitoria foi seguramente a de que a economía non vai mal e que os conservadores teñen un plan claro para mellorala e pediron tempo para finalizalo, mentres que o partido traballista, que nunca inspirou confianza nese terreo, apresentou mais retórica que planos críbeis. Os votantes queixáronse durante a campaña electoral de que ningún dos partidos respondía con claridade ás preguntas, e para a xeración mais nova sería difícil ver o que distinguía a dereita da esquerda. A negativa do partido traballista de falar da relación do Reino Unido coa Unión Europeia pareceu autoritaria e deu a impresión dun partido desconectado do sentir da xente por moito que invocase ao ¨povo¨. Visto o inmenso fracaso destas eleccións para ese partido, os propios integrantes del empezaron a dicir de inmediato que terían que facer unha análise moi a fondo da desconexión có electorado que tan cara lles custara. Terán que analizar o porqué de que perdesen todos os votos nunha Escocia que até hai pouco votaba en masa polo partido traballista, e de que non visen a ameaza que para eles representaba o UKIP, o partido antieuropeísta que, en termos de porcentaxe, quedou de terceiro, e se empeñasen en crer que só era unha ameaza  para os conservadores.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais