Distribuir contido

Eleccións 2016

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1907 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

10/10/2016
13/10/2016
Sermos Galiza

No marco dos comicios presidenciais de novembro próximo, a polarización electoral entre a demócrata Hillary Clinton e o republicano Donald Trump contextualiza a pulsación dunha serie de variables e perspectivas visiblemente antagónicas que inevitablemente definen os cambios que vive a sociedade estadounidense. As consecuencias desta polarización traducen un país inseguro polos efectos da crise socioeconómica, polos desafíos cara a súa vacilante hexemonía global e ante a aparente incapacidade do seu establishment por identificar e atender as demandas de reformas sociais e políticas.

24/01/2016
24/01/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 18 ao 24 de xaneiro de 2016

1.    Informe

Unha semana logo dos comicios do pasado 16 de Xaneiro proseguen os ecos dos resultados. O PDP inflixiu ao KMT a máis pesada derrota de toda a súa historia, tanto no que se refire ás eleccións presidenciais (56,1% fronte a 31%) como ás lexislativas (68 fronte a 35), deixando á formación nacionalista nunha severa crise. A carreira pola presidencia no KMT xa se iniciou. Trala dimisión de Eric Chu, a elección levarase cabo o 26 de marzo. Aínda que interinamente asumiu a xefatura da formación a vicepresidenta Huang Min-hui, xa anunciaron candidaturas Hung Hsiu-chu e Hau Lung-bin. Tamén os concelleiros de Taipei, Le Hsin e Chung Hsiao-ping.

20/01/2016
21/01/2016
El Periódico

Trala humillante vitoria de Tsai Ing-wen e o Partido Democrático Progresista (PDP) en Taiwan, moitas voces clamaron de inmediato a favor do acougo nas relacións a través do Estreito. E é que, aínda que esperado por todos, o cambio de rumbo na política de Formosa abre un horizonte inevitable de incertezas. A propia Tsai fixo valer en campaña a súa mensaxe de compromiso co status quo, pero a súa propia vitoria é unha derrota en toda regra dun estado de cousas marcado pola interlocución case exclusiva do seu rival, o Kuomintang, no diálogo co continente. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais