Distribuir contido

Eleccións 2015

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1906 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

03/11/2015
03/11/2015
Praza Pública (Galicia)

A pesar de non obter a maioría absoluta na repetición dos comicios parlamentarios celebrados o pasado 1º de novembro, a nova e contundente vitoria electoral do presidente turco Recep Tayyip Erdogan e do seu partido islamita da Xustiza e do Benestar (AKP) certifica a consolidación dunha hexemonía política e electoral que, ironicamente, aséntase nun país cada vez mais fortemente polarizado, particularmente por aqueles labirínticos camiños trazados pola contrariedade entre sectores laicos e relixiosos, que premen pola súa primacía nun país estratexicamente localizado no corredor euroasiático. 

20/09/2015
20/09/2015
IGADI

Comenza a campaña electoral para o 4 de outubro

Algunhas enquisas para as eleccións portuguesas do próximo día 4 de outubro destacan a sólida resistencia da coalición PSD/CDS-PP co 41 por cento dos sufraxios contra o 34 por cento do PS, a pesar destes duros anos de camiño sen máis política económica que a “empobrecerse, reducir salarios e aumentar a precariedade”. Mentres, o Bloco de Esquerda recibiría o 8 por cento, a CDU restaría cun 7 por cento. Sorprende, en calquera caso, que ata un 32 por cento dubide a quen votar ao que habería que sumar un 10 por cento que se nega a responder, é dicir, un 42 por cento non desvela as súas intencións co que o seu peso será determinante para o resultado final. Outras sondaxes sitúan ao PS por diante cun 35,5 por cento contra un 34 do PSD/CDS-PP, situando a CDU en terceira posición cun 10,3 por cento.

19/04/2015
18/04/2015
Sermos Galiza

Unha reflexión de Teresa Barro

Faltan poucos dias para as eleccions xerais no Reino Unido, que serán o sete de maio e son das mais imprevisíveis da história do país. Visto que nas pesquisas de opinión os dous grandes partidos tradicionais, o conservador e o traballista, van igualados, espérase que o partido que gañe non consiga a maioria precisa para governar e teña que entrar en coalicion cun dos partidos pequenos, como xa sucedeu nas anteriores eleicions, en que o Partido Conservador se coligou có Partido Liberal Democrata. Desta vez as posíveis coalicions van pesar algo talvez na mente dos votantes. Hai a posibilidade de que os conservadores, se gañan sen maioría, se alien có UKIP, o partido antieuropeísta, e de que os traballistas, se gañan, se alíen có partido nacionalista escocés. Os nacionalistas escoceses non queren coligarse oficialmente porque temen que lles suceda o que lles sucedeu aos Liberal Demócratas, desprezados en xeral desde que governaron, mas estan mui interesados nunha alianza non oficial e en governar no Reino Unido. Dáse por feito que o partido traballista, que até hai pouco tiña seguros os votos na Escocia, non os conseguirá e que eses votos irán para os nacionalistas escoceses, mas nisto, como en tudo o demais, pode haber surpresas.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais