Distribuir contido

Eleccións

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2076 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

07/11/2018
07/11/2018
IGADI

Con cambios políticos a nivel hemisférico saídos das urnas (Duque en Colombia, Bolsonaro en Brasil, López Obrador en México) e crises latentes (Venezuela, Nicaragua, Cuba, inmigración centroamericana), os comicios lexislativos do mid-term en EUA celebrados este 6 de novembro (6N) teñen unha expresión estratéxica a nivel hemisférico. O equilibrio político en Washington, cunha Cámara de Representantes baixo control demócrata e un Senado de cor republicano, define expectativas políticas mais ben enfocadas na política interna, con escasos cambios na perspectiva da administración Trump dentro do contexto hemisférico. Por tanto, os resultados destas eleccións lexislativas definen en gran medida a axenda latinoamericana da Casa Branca, cando menos ata ás presidenciais de 2020.

21/05/2018
21/05/2018
IGADI

A prevista e non menos controvertida reelección presidencial de Nicolás Maduro en Venezuela deixa severas certezas sobre o futuro do país. O illamento internacional venezolano é patente e reforzarase a partir de agora tras unha elección descoñecida por mais de 80 países, incluíndo EUA, a Unión Europea, a ONU, a OEA e o Grupo de Lima, plataforma rexional liderada por países como Arxentina, Brasil, México, Chile, Perú e Colombia. Por tanto, Maduro apréstase a iniciar un novo período presidencial ata 2025 provisto dun maior illamento e de sanciones exteriores, principalmente impulsadas dende Washington e Bruxelas. Cun grave contexto socioeconómico e preocupantes perspectivas a mediano prazo para o sector petroleiro venezolano, son poucas as expectativas de que Venezuela logre superar a súa interminable crise. Unha lectura que igualmente tradúcese en expectativas de erosión do seu campo de representación política, tanto “chavista” como opositora.

21/12/2017
21/12/2017
IGADI

Unha análise de Alexandre Rey Parrado, colaborador do IGADI

Dende o pasado día 28 de novembro, o país centroamericano atópase inmerso nunha espiral de violencia, indignación, protestas cidadás e férrea contención por parte do Estado, chegando a decretar o estado de excepción, impoñer un toque e suspender as garantías legais por un período de 10 días. O detonante da situación atopámolo nas eleccións xerais do pasado 26 de novembro que, envoltas nun halo de escurantismo e reclamacións de fraude, vinte días despois atopábanse sen un gañador oficial recoñecido polo Tribunal Supremo Electoral (TSE). 

25/06/2017
21/06/2017
Sermos Galiza

Teresa Barro achega a súa visión

Poucas veces terá habido un momento tan fascinante na política do Reino Unido como o que xurdiu coas eleicións xerais do catro de xuño. Nada quedou como antes e todo virou ás avesas.

30/05/2017
30/05/2017

Teresa Barro achega a súa visión

Tudo semellaba indicar que a grande vencedora nas eleicións xerais convocadas no Reino Unido para o oito de xuño sería Theresa May, grazas á maneira en que se amosou decidida a defender o Brexit logo do referendo no que gañaron os partidarios de deixar a Unión Europeia.

10/04/2017
10/04/2017
IGADI

Unha análise de Alexandre Rey Parrado, estudante en prácticas da USC

O próximo 23 de abril, Francia celebrará unhas eleccións presidenciais, con segunda volta prevista para o 7 de maio, que se presentan cruciais no panorama político europeo. As enquisas sitúan a candidata da extrema dereita e euroescéptica Marine Le Pen, con serias opcións de vitoria na primeira volta, o que resulta un claro reflexo da crise institucional e da hecatombe do “establishment” político tradicional. Pese a que as mesmas enquisas sinalan unha derrota máis ou menos clara ante o “centrista” Emmanuel Macron, o escenario non resulta nada claro ante o contexto actual e dende logo dista moito da experiencia vivida no 2002, cando Jacques Chirac arrollou na segunda volta ao noutrora líder da Fronte Nacional (82% fronte ao 18%) e pai da actual candidata, Jean Marie Le Pen.

04/11/2016
04/11/2016
Diario El Correo

En chinés, Estados Unidos dise “meiguó”, é dicir, “país bonito ou da beleza”. A expresión di moito do parecer dos chineses en relación a EUA. Quizá esa consideración no seu día tamén facilitou o entendemento sino-estadounidense durante a guerra fría, primeiro con Mao, despois con Deng, poñendo fin á súa emblemática categorización como un “tigre de papel”. Cando Deng Xiaoping visitou en 1979, en tempos de Jimmy Carter, varias cidades norteamericanas, quedou fascinado polo seu desenvolvemento, revalidando a decisión interna de procurar un novo modelo económico capaz de sacudirse a pobreza e o atraso do país a través de vías alternativas e complementarias da planificación. Washington implicouse activamente na reforma chinesa e as súas multinacionais convertéronse en moeda común no xigante asiático, obtendo a cambio pingües beneficios.

05/09/2016
05/09/2016
El País

Tres son as cuestións principais que se dilucidaban nestes comicios, sen dúbida, os máis polémicos e cruciais dos últimos tempos en Hong Kong, feito reflectido na alta participación. Dunha parte, si o campo pro-democracia podería manter ou ata ampliar a súa franxa de apoio, cifrada en 27 escanos na lexislatura precedente. Doutra, calibrar o impacto electoral do activismo asociado á “Revolución dos Paraugas?. Para rematar, si os resultados poderían ou non servir de argumento para que o actual Xefe da Rexión Administrativa Especial, Leung Chun-ying, aspire a un segundo mandato o próximo ano.

10/08/2016
10/08/2016
IGADI

Todas as candidaturas deben ter presente que logo do 25 de setembro, terán que implementar liñas de actuación e medidas que acheguen solucións á cidadanía a curto prazo para os problemas máis inmediatos. Mais tamén, que deberán marcar liñas de traballo de medio e longo prazo que perfilen os seus proxectos estratéxicos, aqueles que ilusionan e mobilizan ao electorado máis alá do urxente e inmediato.

10/08/2016
11/08/2016
The Huffington Post

A Rexión Administrativa Especial (RAE) chinesa de Hong Kong celebrará comicios o próximo 4 de setembro. Tralo “movemento dos paraugas” en 2014 e o fracaso da reforma electoral en 2015, a xornada podería revelar unha nova radiografía do momento político do antigo enclave británico. Para China representa unha oportunidade de reconducir a maltreita estabilidade da rexión nun contexto de incremento da resistencia cívica fronte ao que algúns sectores consideran unha erosión significativa e sistemática do autogoberno por parte das autoridades centrais. 

16/01/2016
16/01/2016
El Pais

Como reaccionará o continente? China intentou influír no electorado taiwanés reforzando a alternativa do KMT: cume Ma-Xi en Singapur, teléfono vermello, principios de acordo para o transbordo de viaxeiros en Taipei ou o intercambio de oficinas representativas a ambos os dous lados do Estreito… A certificación da idoneidade do KMT para conducir o diálogo complementouse coas advertencias dirixidas aos máis recalcitrantes. Pero do mesmo xeito que as diatribas dos grupos de interese, políticos e económicos, que plantou en Taiwan nos últimos anos, serviulle de pouco para ilusionar aos electores e mitigar as divisións internas do campo azul ou nacionalista.

10/01/2016
10/01/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 4 ao 10 de xaneiro de 2016

1.    Informe

A campaña electoral en Taiwan entra na súa última semana. Máis de 300 candidatos disputaranse os 73 escanos directamente elixidos, cun incremento superior ao 30 por cento en comparación con 2012. O Yuan Lexislativo conta con 113 escanos. Aos 73 citados, súmanse 6 reservados ás minorías aborixes e 34 que son elixidos proporcionalmente entre as formacións que superen a barreira do 5 por cento dos sufraxios. Un total de 18 partidos -fronte aos 11 de 2012- toman parte nestes comicios. No actual parlamento, as formacións representadas son seis: KMT (64), PDP (40), UST (3), PPP (3), USNP (2). Tamén figura 1 candidato independente. O elevado número de formacións que concorren obrigou a confeccionar unha papeleta excepcional polo seu tamaño: 73 centímetros de longo e 15 centímetros de ancho. Nas circunscricións aborixes, ata 23 candidatos compiten polos 6 escanos. 

16/10/2015
16/10/2015
IGADI

Unha análise de Martín Boado Carro (estudante en prácticas da USC)

O pasado domingo 4 de outubro celebráronse as eleccións máis democráticas e competitivas ata a data en Asia Central. Os cidadáns kirguises elixiron deste xeito un novo parlamento baixo as regras establecidas na nova Constitución do ano 2010. 

O partido do carismático presidente Almazbek Atambayev – Partido Social Demócrata (SDPK, en adiante) – revalidou goberno nunhas eleccións nas que, case por primeira vez dende a independencia do país, ían contar con una oposición forte e ben organizada. O 27,4% dos votos obtidos polo SDPK tradúcense en 38 asentos sobre os 120 cos que conta o Parlamento, polos 28 escanos (20% dos votos) obtidos polo principal partido da oposición, Respublika-Ata Jurt. Catro partidos máis conformarán un Parlamento no que o Ar-Namys non puido superar o albor do 7% para obter novamente representación. O Kyrgyzstan Party (12,8%) será a terceira forza, seguida por Onuguu-Progress (9,3%), Bir Bol (8,5%) e Ata Meken Socialist Party (7,7%).

07/09/2015
03/09/2015
Sermos Galiza

Unha reflexión de Teresa Barro

Moi axiña será a eleición na Grá Bretaña de líder do partido traballista, logo da dimisión de Ed Milliband pola derrota nas eleicións xerais.  O que fai esa eleición de líder muito mais interesante do que cabia esperar é que un dos candidatos que se apresentou a última hora, Jeremy Corbyn, un laborista ¨dos de antes¨ e certamentes non blairista, estálles pasando a todos por diante e obtendo unha popularidade coa que ninguén no partido contaba e que os ten desconcertados. É cuase cómico observar como o ¨vello laborista¨ fai que os outros tres candidatos (duas mulleres e un home) resulten insulsos e monótonos e que, de tanto querer quedar ben con todo o mundo, den a impresión de politiquear e de que a política de verdade lles da medo.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais