Distribuir contido

ecoloxía

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1828 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

09/09/2013
09/09/2013
IGADI

Unha reflexión de Javier López Prol

1. Crise do euro e crise global.

Para caracterizar a crise actual, ir alén dos factores conxunturais e realizar unha análise máis profunda das súas causas últimas así como das súas múltiples dimensións, debemos, en primeiro lugar, observar a influencia das forzas estruturantes sobre a formación e o estourido da mesma. O cambio de paradigma que se empeza a producir na economía mundial a partir dos 70 caracterizado pola aparición do neoliberalismo e o avance da globalización determina de forma fundamental os derroteiros polos que fluirá a actividade económica mundial dende ese momento. Ambos fenómenos, ademais do desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), potencian o proceso de financiarización, que é o principal desencadeante da crise económica, aínda que non por iso a súa causa única.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais