Distribuir contido

Dobre Dez

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1940 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

16/10/2016
16/10/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 10 ao 16 de Outubro

1. Informe

O discurso da presidenta Tsai Ing-wen con motivo do Dobre Dez non introduciu novidades significativas. No ámbito das políticas do Estreito, recoñeceu que as canles de comunicación están estancadas e que o seu obxectivo é crear unha relación predicible, uniforme e sostible. Revalidou o seu compromiso coa democracia, a estabilidade, e o statu quo, facendo referencia ao “feito histórico” da reunión de 1992 pero sen recoñecer consenso algún. 

09/10/2016
09/10/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 3 ao 9 de Outubro

1. Informe

En vésperas do Dobre Dez, a presidenta Tsai Ing-wen concedeu unha reveladora entrevista ao diario estadounidense The Wall Street Journal. Tsai recordou que xa no seu discurso de investidura afirmou que respectaría a Constitución da República de China e os acordos subscritos nos últimos anos entre ambos pobos do Estreito, ademais do feito histórico das conversacións bilaterais de 1992. Para Tsai, isto demostra a boa vontade e flexibilidade da súa presidencia, elementos que deben servir para acurtar a distancia coa posición continental. No entanto, os feitos recentes (bloqueo internacional de Taiwan ou intromisión nas políticas internas) “demostran que Beijing volveu ao seu antigo xeito de facer as cousas”, apostilou.

06/10/2016
07/10/2016
Público/OPCh

Un desfile aéreo marcará as celebracións do Día Nacional en Taiwan (o 10 de outubro, tamén coñecido como o Dobre Dez). Os taiwaneses mirarán ao ceo, quizá confiados en que tamén lles reporte un horizonte máis despexado ante o incerto futuro que ameaza a estabilidade do país.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais