Distribuir contido

Diálogo bilateral

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1925 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

07/06/2016
07/06/2016
Público

O presidente chinés Xi Jinping inaugurou unha nova edición do diálogo anual sino-estadounidense que nesta ocasión transcorre en Beijing. Na detallada axenda deste encontro -do que xa van oito edicións con capítulos específicos na orde económica e comercial, político, de seguridade ou sociocultural- figuran numerosos temas de importancia, desde a taxa de cambio do yuan ás vicisitudes da “nova normalidade” chinesa, o exceso de produción de aceiro ou as tensións comerciais de todo signo, pero tamén Internet ou o espazo exterior. Del non se esperan avances espectaculares en torno á firma do Tratado Bilateral de Investimentos, cuxas negociacións iniciaron en 2008, aínda que China podería abrir un pouco máis a man nos sectores protexidos. A culminación dun acordo antes do relevo na Casa Branca parece un desexo difícil de cumprir. EUA segue acusando a China de agravar as dificultades operativas das empresas estranxeiras mentres as autoridades do xigante asiático reclaman a paralela redución das conseguintes barreiras proteccionistas. Este é o último diálogo sino-estadounidense da administración Obama.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais