Distribuir contido

Desenvolvemento sostible

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1859 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

20/03/2015
20/03/2015
Sermos Galiza

Unha análise de Ricardo Torres, profesor no Centro de Estudos da Economía Cubana (Universidade da Habana)

A crise económica de inicios dos noventa motivou o corremento do balance na xestión da economía cara ao curto prazo, para atender as urxencias dun período excepcional.  Aínda que Cuba iniciou a recuperación en 1994, a taxa de crecemento medio do Produto Interno Bruto (PIB) cubano estivo ao redor de 1,8% anual, o cal sitúa ao país entre os de peor desempeño en América Latina.  Se se toman en conta só os anos posteriores a 1993, a media elévase a 3,2%.  Isto aínda é inferior á media da rexión no mesmo lapso e é un dos desempeños máis discretos na área. Neste contexto, reveláronse algunhas tendencias preocupantes na estrutura produtiva como os pobres resultados dos sectores produtores de bens, a súa escasa competitividade externa e a alta concentración da cesta exportábel nuns poucos ámbitos, xeralmente de baixo valor agregado; o declive de varias ramas industriais claves como a produción de bens de investimento; a alta concentración do emprego en servizos non transables e/ou desconectados das cadeas produtivas da economía; e o escaso desenvolvemento dos servizos produtivos.  Iso condicionou un ritmo moi lento de crecemento da produtividade xunto a baixas taxas de acumulación. 

29/10/2014
29/10/2014
IGADI

Unha análise de Sara Collazo Santaclara (USC)

México concentra case 17 millóns de persoas indíxenas que representan o 15,1% da poboación do país e ‘posúen’ unha quinta parte do territorio nacional. Caracterízase pola pluralidade de identidades e por ser un dos Estados con maior diversidade e riqueza lingüística do mundo. Sen embargo, é un dos sete países coas cifras máis elevadas de desigualdade de América Latina, que xustamente se concentra nestes pobos e nas comunidades campesiñas e rurais. O dato alarmante é a porcentaxe da poboación indíxena que vive en condicións de pobreza extrema, un 38%, unha cifra catro veces maior ca da poboación non indíxena, a cal rolda o 9%.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais