Distribuir contido

David Cameron

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1832 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

04/06/2016
04/06/2016
Sermos Galiza

Unha opinión de Teresa Barro

A campaña do referendo británico sobre se saír ou quedar na UE, que será o 23 de xuño, entrou na fase que chaman de purdah, na que o governo xa non pode utilizar a maquinaria do estado. David Cameron utilizou esa maquinaria estatal e o diñeiro dos contribuintes para facer propaganda de quedar na UE cunha ferocidade que enraiveceu  a moitos do seu partido que queren a saída. Comparada a campaña de agora coa dos anos setenta, menos exaltada e na que Tony Benn e Jeremy Corbyn, do partido traballista, argumentaron en favor de non formar parte da futura Unión Europea frente aos conservadores europeístas, esta é unha guerra civil entre os conservadores, divididos desde hai varias décadas pola cuestión europeia. Lidera a campaña para quedar na Unión o Primeiro Ministro conservador, David Cameron,  e a de saír da Unión outro conservador,  Boris Johnson, alcalde de Londres até hai pouco. Os dous teñen case a mesma idade e educáronse en Eton e Oxford, mas, logo de se graduaren, Cameron dedicouse á política sen facer nunca outra cousa e Boris fixo carreira de xornalista, escritor e historiador:  aos vinte e tres anos empezou a traballar para The Times, logo foi corresponsal en Bruxelas do Daily Telegraph e mais adiante  director-redactor do semanario The Spectator. Aínda que os dous son Tories típicos, David é gris e Boris, vistoso.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais