Distribuir contido

Daesh

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1960 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

12/12/2017
12/12/2017
IGADI

Unha análise de Alexandre Rey Parrado, colaborador do IGADI

Ante a progresiva e constante perda militar de territorio e capacidades do Estado Islámico, actualmente diluído en bolsas illadas da divisoria sirio-iraquí ou en áreas desérticas (sen poboacións significativas baixo o seu control), comeza a asumirse a necesidade dun plan para o post-conflito.  Recentemente o presidente Vladimir Putin aseguraba que a “operación militar” en Siria atopábase a piques de rematar e que imperaba centrarse nunha “saída política” para o conflito. Nesta senda parecen discorrer as posturas de Irán e Turquía, materializándose na reunión trilateral de presidentes do pasado 22 de novembro en Sochi. 

08/11/2017
08/11/2017
IGADI

Unha análise de Alexandre Rey Parrado, colaborador do IGADI

Cando no 2015 comezaron a difundirse, de forma global e mediática, imaxes de militantes do Estado Islámico profanando e destruíndo vestixios arqueolóxicos en Nimrud (Iraq) ou no museo de Mosul, un forte halo de indignación e consternación percorreu o seo da comunidade internacional. A nova mostra de barbarie denotaba unha ambición máis aló do terreal, da conquista militar ou do control sociopolítico, cuxo último fin parecía borrar da historia e do ideario colectivo toda iconografía, mostra artística ou cultural que definise unha alternativa á súa interpretación radical e maniquea do Islam. Ao marxe da súa cabida nunha estratexia propagandística ben medida, asistíamos a unha nova fase no obxectivo de “limpeza cultural”.

26/10/2017
26/10/2017
IGADI

Unha análise de Alexandre Rey Parrado, estudante en prácticas da USC

A eclosión do Daesh no escenario sirio-iraquí e a súa posterior proxección internacional supuxo un cambio de rumbo notorio e imprevisto da doutrina clásica inherente a organizacións coma Al-Qaeda. Ante a natureza “proselitista” e a clandestinidade propia destas organizacións xihadistas, o Estado Islámico (Daesh) mudaría a súa idiosincrasia para facelo accesible a todo un espectro global mentres, de forma tácita, conformaba pola vía militar un Estado visible e definido pero de carácter transnacional.

04/12/2015
04/12/2015
Diario El Correo

Recientemente, China ha visto como uno de sus ciudadanos era ejecutado por el Daesh; por otra parte, en el ataque perpetrado a un hotel en Bamako, resultaron también  asesinados tres altos dirigentes de la China Railway Construction Group, compañía ferroviaria con inversiones en Malí y en otros países africanos. No es la primera vez que ciudadanos chinos son blanco de los atentados de los grupos armados. En una u otra medida, episodios similares se han registrado en Etiopia, Nigeria, Sudán, Argelia o en Egipto. En esta ocasión, el presidente Xi Jinping declaró que China acentuaría su lucha contra el terrorismo, implicándose en la guerra contra el Daesh. Cabe tener en cuenta que, a día de hoy, entre 3 y 5 millones de chinos trabajan en el exterior, a menudo en zonas de riesgo en países de África o de Oriente Medio, donde los movimientos islamistas les tienen en su punto de mira.

23/11/2015
23/11/2015
IGADI

            Todavía en septiembre de este año el portavoz del Estado Islámico Muhammad al-Adnani hacía un llamado a los musulmanes de Occidente “a encontrar un infiel y aplastar su cabeza con una roca, a envenenarlo, a pasarle por encima con el coche, a destruir sus cosechas” (citado por Graeme Wood, “What is the Islamic State?”, The Atlantic, March 2015). Es decir, la estrategia de apelar a lobos solitarios en el mundo occidental para que hicieran su contribución simbólica al Islam con una acción individual de terrorismo.

20/11/2015
20/11/2015
IGADI

Unha análise de Martín Boado Carro (estudante en prácticas da USC)

O Daesh supón unha das grandes ameazas a nivel internacional para as grandes potencias mundiais. Ben o sabe Vladimir Putin, quen quere evitar a toda costa outro atentado como o do pasado 31 de outubro. É por iso polo que varios analistas – se cabe, un pouco alarmistas – achegados ao círculo do presidente advirten da inminente ameaza que supón sobre a rexión de Asia Central. A presenza militar rusa en Taxiquistán en xeral e na fronteira Taxiquistán-Afganistán en particular, ven explicada pola crucial necesidade de salvagardar a rexión. Rusia apuntou recentemente a catro dos cinco países centroasiáticos (Taxiquistán, Uzbequistán, Turkmenistán e Kirguistán) como as rexións máis vulnerables á expansión do Daesh na zona. A crecente presenza do grupo terrorista en Afganistán pon en risco as fronteiras con eses países, mentres que Moscova xustifica a súa presenza no territorio como medida para combatelos no exterior e defender a súa seguridade interna.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais