Distribuir contido

crise política

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1904 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

10/02/2017
10/02/2017
Praza Pública (Galicia)

Son cada vez mais perceptibles os síntomas de asunción dunha etapa de reestruturación dentro dos actores que gravitan na política venezolana. Coa previsible desarticulación do diálogo entre goberno e oposición, o aprazamento sine die das eleccións rexionais e a desactivación de feito do referendo revogatorio, o 2017 anuncia enroques e incluso recambios tanto na composición dos liderados como nas estratexias políticas a mediano e longo prazo tanto no goberno como na polarizada oposición. Nesta ás veces confusa correlación de equilibrios internos intúense diversos escenarios, particularmente enfocados no paulatino deseño de hipotéticas candidaturas con perspectiva de posicionarse de cara ao horizonte electoral presidencial 2018. Paralelamente, amósase un contexto de crecente escepticismo por parte da cidadanía sobre a viabilidade dos próximos procesos electorais como factor de resolución da prolongada crise política venezolana. 

06/11/2015
06/11/2015
Tempos Novos

A diferenza entre a aritmética electoral e a parlamentaria quedou plenamente de manifesto nos comicios do 4 de outubro en Portugal. A coalición de dereitas Portugal à Frente (PSD/CDS-PP) obtivo o 38,36 por cento dos votos e 107 escanos; mentres, o PS, o 32,31 por cento e 86 deputados, o BE, o 10,19 por cento e 19 escanos e a CDU, o 8,25 por cento e 17 escanos. En resumidas contas, o PàF de Passos Coelho foi a forza máis votada, pero a súa vitoria resultou insuficiente para contar con respaldo parlamentario estable: 107 fronte a 122, deixando de lado o escano dos animalistas (PAN, 1,39 por cento e 1 deputado). E en termos de sufraxios, máis de medio millón de votos avalaban as críticas ás políticas de austeridade.

16/04/2015
16/04/2015
Praza Pública (Galicia)

Dilma Rousseff vive os seus días mais complicados desde que ocupara a presidencia brasileira en 2010. Trala axustada reelección por ballotage en outubro de 2014, e percorridos cen días desde a súa toma de posesión en xaneiro pasado, a mandataria brasileira observa cómo o panorama político polarízase cada vez mais por escándalos de antano (a corrupción en PETROBRAS) e a ralentización do crecemento económico (estimado en 1% para 2015 segundo o FMI) Cunha popularidade en picado (23%), Dilma volve a observar como se activa unha campaña mediática con forte incidencia social na súa contra, e por conseguinte do gobernante Partido dos Traballadores (PT), nun contexto que lle obriga a retomar con forza a iniciativa política.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais