Distribuir contido

crise

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1894 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

03/04/2017
03/04/2017
IGADI (Galicia)

A tensión hemisférica causada polo súbito agravamento da crise venezolana contextualiza un escenario de punzantes pulsos e (des) equilibrios que, a nivel rexional, vense manifestando polo recente cambio de ciclo político. O choque de poderes en Venezuela provocado polas tentativas de monopolización de poder por parte do presidente Nicolás Maduro, non deixa de ter certa similitude coa repentina violencia política presentada en Paraguai ante as expectativas reeleccionistas do presidente Horacio Cartes. Crises ambas que non escapan á previsible atomización política ecuatoriana, particularmente tralo triunfo electoral pola mínima do “post-correísmo” en mans de Lenín Moreno, e as tentativas opositoras de impugnar ese proceso electoral. 

19/05/2016
19/05/2016
IGADI

Son cada vez mais visibles as perspectivas sobre un irreversible final de ciclo en Venezuela. Ou, en todo caso, de recomposición do establishment político e institucional. O incerto (e non menos inquietante) é o seu desenlace. Ante o imparable deterioro socioeconómico, o contexto vese gravemente fracturado pola persistencia dunha crise de representatividade e de lexitimidade política, onde os principais actores involucrados (goberno, oposición, organismos e institucións públicas e estatais) intensifican o seu nivel de radical confrontación que escasamente posibilita a consecución de canais de consenso necesarios para reverter a peor crise da historia contemporánea venezolana. Unha crise que igualmente non escapa dos cambios de contexto político que se viven actualmente a nivel hemisférico, claramente regresivos para o “chavismo” ante o recente xiro reaccionario a nivel rexional.

11/04/2016
11/04/2016
Revista Luzes (Galicia) Abril de 2016

Ancorado nunha parálise política sen precedentes, o proxecto europeísta concibido na posguerra aborda na actualidade a súa mais preocupante crise de lexitimidade, nunha perspectiva onde o euroescepticismo e as demandas de rexeneración e reformulación deste proxecto alcanzan cada vez mais cotas de apoio social e político. A vergoñenta actitude do establishment europeo ante a crise dos refuxiados é un reflexo evidente desta crise de lexitimidade, tomando en conta os trazos dunha política inhumana que desestima, e paulatinamente desactiva, os tratados internacionais, mesmo da propia Unión Europea, en materia de refuxiados e de asilo político. 

22/03/2016
22/03/2016
Fusión

A desaceleración da economía chinesa é resultado da propia iniciativa reguladora tomada polo país? Pódese planificar unha crise? A debilidade dos pedidos industriais, o retroceso do emprego, a baixa da produción como consecuencia da contracción da demanda en Europa, a atonía do sector produtivo, fan sospeitar aos observadores especializados e fundamentan unha sombra de inquietude sobre a capacidade do actual liderado para superar os déficits socio-económicos e políticos que o réxime decidiu afrontar desde 2012.

20/01/2016
01/02/2016
ECO

Os datos económicos de China en 2015 non foron especialmente bos. A recuperación económica mundial aínda é lenta e a situación económica interna é complexa, cos riscos financeiros aumentando e o comercio global en tendencia decrecente. Todos eses factores, ao que compre engadir a reestruturación que vive o xigante asiático, afectan á economía chinesa nunha etapa de transición do seu modelo e estrutura de desenvolvemento.

26/08/2015
26/08/2015
IGADI

Tras decretar un “estado de excepción” co peche fronteirizo entre Venezuela e Colombia a través do estado Táchira, o presidente venezolano Nicolás Maduro ampliou a capacidade de actuación da súa política de Operación de Liberación do Pobo (OLP), oficialmente instrumentalizada para combater a criminalidade (narcotráfico, contrabando, paramilitares) e as súas consecuencias internas en Venezuela. No fondo, a decisión de Maduro vese contextualizada pola conxuntura preelectoral establecida pola celebración de comicios lexislativos previstos para decembro próximo, cuxas enquisas presuntamente fortalecen as perspectivas de vitoria opositora. Con todo e o agravamento dos crónicos problemas existentes en Venezuela (escaseza de produtos básicos, inflación, inseguridade cidadá e riscos de default financeiro) e a reiteración oficial dunha presunta conspiración en marcha contra o goberno de Maduro, o contexto político venezolano adquire un marco de confusas complexidades na medida en que comezan a asomarse síntomas de disensión e atomización dentro do “post-chavismo”, igualmente presentes na plataforma opositora.

07/04/2015
07/04/2015
Tempos Novos (Galicia), Abril de 2015

Venezuela

A pesar de conservar unha notoria hexemonía dentro do escenario venezolano, o “post-chavismo” e a presidencia de Nicolás Maduro asumen a complexidade dun momento politicamente contrariado, en particular ante os cambios nos equilibrios hemisféricos determinados pola apertura diplomática entre EUA e Cuba. A pesar de contar cun tácito apoio por parte dos organismos hemisféricos (UNASUR, CELAC, ALBA), o goberno venezolano debe afrontar un panorama contextualizado polas dificultades da crise socioeconómica e das cada vez mais intensas presións exteriores,  derivadas principalmente das acusacións contra Caracas de presunta corrupción e represión política contra líderes opositores. Estas variables influirán nun horizonte electoral 2015 traducido nas celebración de comicios lexislativos, definidas practicamente en ton plebiscitario sobre a xestión dun Maduro cuxo apoio político depende decisivamente da Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB) e dos sectores populares.  

25/03/2015
25/03/2015
IGADI

Resulta indubidable que o “chavismo” liderado polo presidente Nicolás Maduro afronta o seu momento mais decisivo, polarizado por un contexto determinado por todo tipo de presións, incertezas e complexidades. Este escenario afecta incluso a un dos seus piares básicos, sendo estes os programas sociais. Un recente estudo elaborado por dúas universidades venezolanas, a Universidade Simón Bolívar (USB) e a Universidade Católica Andrés Bello (UCAB), revelou unha sensible caída no número de venezolanos atendidos polas misións sociais impulsadas polo “chavismo” desde a súa chegada ao poder en 1999. Este estudo cifra esta redución nun 19,5% dos atendidos (unhas dúas millóns de persoas) co respecto aos niveis de cinco anos atrás (mais de 2 millóns e medio de beneficiarios). Paralelamente, este estudo considera que existe un alto nivel de politización dentro das misións sociais, así como preocupantes problemas na súa xestión e administración.

13/01/2015
10/01/2015
El PUnt Avui (Barcelona)

En 1974 las tropas turcas ocuparon el norte de Chipre. 40 años después, la isla sigue partida en dos Estados que tienen su capital en Nicosia, una ciudad dividida, al igual que todo el país, por la llamada “línea verde” vigilada por los cascos azules de las NNUU. La República de Chipre, que agrupa a una población mayoritaria grecochipriota de religión ortodoxa, es un país miembro de la UE desde 2004. La República Turca del Norte de Chipre, de población turcochipriota de religión musulmana, solo está reconocida internacionalmente por Turquía.

30/12/2014
30/12/2014
Praza Pública (Galicia)

O pasado 28 de decembro, nun acto institucional que contou coa participación da Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB), o presidente Nicolás Maduro asegurou que o 2015 será o “ano da paz” en Venezuela, tras un convulso 2014 trazado polas secuelas da peor crise socioeconómica acaecida nos derradeiros anos no país e a proliferación de tumultos de inestabilidade política que afectan seriamente a consistencia do seu goberno. De cara a un 2015 que se anuncia moito mais convulso e tenso, co horizonte das eleccións lexislativas pautadas para setembro próximo, Maduro anunciou a creación dun “Estado Maior” para a recuperación económica así como do despregue das Áreas de Defensa Integral a nivel territorial, escenarios onde os efectivos militares terán a responsabilidade de garantir os mecanismos de pacificación e soberanía nacional. 

08/04/2014
08/04/2014
Tempos Novos (Galicia), Maio de 2014

Tras dous meses de intensas confrontacións nas rúas en contra do goberno de Nicolás Maduro, impulsada principalmente por sectores universitarios e opositores ao “chavismo” cun saldo de 37 mortes, máis de 500 feridos e de 2.000 detidos, así como de mutuas acusacións de represión, sabotaxe, torturas e tentativas golpistas e insurreccionais, Venezuela apréstase a unha nova fase da súa interminable crise, motivada pola incesante polarización social e os pulsos derivados da lexitimidade política, contextualizado pola peor crise económica dos derradeiros anos (escaseza de produtos básicos e elevada inflación). No fondo, a renovación da violencia política augura un arriscado pulso dentro da Venezuela “post-Chávez”, cuxo termómetro medirá a consistencia da presidencia de Maduro, a fortaleza e equilibrio institucional (en particular do papel da Forza Armada), o peso que terán a súbita reaparición de liderados máis radicais dentro da heteroxénea e fracturada oposición así como do “chavismo de base” e, paralelamente, a influencia da comunidade internacional  como mediador da crise, particularmente ante a recente misión da UNASUR a Caracas.

27/02/2014
27/02/2014
IGADI

O 27 de febreiro cúmprese 25 anos dun dos sucesos máis violentos e reivindicados da historia contemporánea venezolana, o “Sacudón” ou “Caracazo”, unha explosión popular acaecida en 1989 pola alza de prezos dos combustibles decretado polo entón presidente Carlos Andrés Pérez, baixo o amparo dos programas de “axuste” do FMI e do Banco Mundial, e que levaron ao pobo ás rúas en violentas manifestacións, saqueos vandálicos e unha forte represión policial, con saldo de milleiros mortos, sen alcanzarse ata agora un consenso sobre a cifra oficial de vítimas.

20/09/2013
20/09/2013
IGADI

Unha reflexión de Javier López Prol

A balanza por conta corrente dun país está formada por catro subbalanzas: a conta comercial ou de mercancías, a conta de servizos, a de rendas e a de transferencias correntes. Aínda que a convencionalmente denominada balanza comercial só inclúe comercio de bens, no presente estudo analizamos conxuntamente as exportacións (X) e importacións (M) de mercancías e tamén de servizos polo peso decisivo que estes teñen na economía española (turismo).

09/09/2013
09/09/2013
IGADI

Unha reflexión de Javier López Prol

1. Crise do euro e crise global.

Para caracterizar a crise actual, ir alén dos factores conxunturais e realizar unha análise máis profunda das súas causas últimas así como das súas múltiples dimensións, debemos, en primeiro lugar, observar a influencia das forzas estruturantes sobre a formación e o estourido da mesma. O cambio de paradigma que se empeza a producir na economía mundial a partir dos 70 caracterizado pola aparición do neoliberalismo e o avance da globalización determina de forma fundamental os derroteiros polos que fluirá a actividade económica mundial dende ese momento. Ambos fenómenos, ademais do desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), potencian o proceso de financiarización, que é o principal desencadeante da crise económica, aínda que non por iso a súa causa única.

12/07/2013
12/07/2013
Praza Pública (Galicia)

Grecia estase convertendo nun epicentro cada vez menos “periférico” das resistencias contra as preponderantes políticas de austeridade da Unión Europea. Con diversos matices e obviamente con marcadas diferenzas en canto a tendencias políticas e ideolóxicas, o “protectorado” grego sometido aos designios da “troika” desde 2010 fai deste país mediterráneo unha especie de laboratorio político e de “centro neurálxico” de movementos e partidos “alternativos” ao sistema, movéndose radicalmente no péndulo político dende a esquerda ata a extrema dereita.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais