Distribuir contido

Crecemento

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1907 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

20/03/2017
17/03/2017
Rebelión

China salientou como gran obxectivo da axenda política para 2020 a erradicación da pobreza no país. A súa soa inclusión entre as prioridades é de seu un elemento a destacar e celebrar. En 1949, cando triunfou a Revolución, o seu PIB equivalía ao de 1890. Uns 500 millóns de persoas conformaban unha sociedade inmensamente rural, analfabeta e pobre, co país esnaquizado por unha secuela de guerras, tanto civís como de agresión. A traxectoria desde entón a hoxe non foi nin moito menos rectilínea; no entanto, especialmente na fase iniciada a partir de 1978, neste ámbito concreto, o balance é realmente portentoso. 

02/09/2016
02/09/2016
The Huffington Post

Unha gran ambición marca o cume en Hangzhou (Zhejiang) do G20. China leva inmersa varias semanas nunha perseverante exaltación das posibilidades deste encontro. Mentres, ao resto do mundo véselle bastante despistado en relación ao evento, con cada país integrante do foro centrado en problemas internos de diversa natureza, o que parece ir en detrimento das altas expectativas chinesas. 

09/08/2016
09/08/2016
Fusión

Cumio de setembro en Hangzhou

O cume do G20 reunirase novamente a primeiros de setembro na cidade chinesa de Hangzhou, capital de Zhejiang. China acolle con satisfacción o encontro pois supón un recoñecemento do seu papel crecente na economía global. Igualmente, a través dunha presenza récord, quere reforzar a representatividade dos países en desenvolvemento e incidir no seu propio liderado das economías menos avanzadas. 

20/01/2016
20/01/2016
Anuario CEIPAZ 2016

A economía chinesa vive momentos convulsos. O novo liderado que asumiu o poder no XVIII Congreso do Partido Comunista (PCCh) a finais de 2012 impulsa ambiciosas reformas co dobre obxectivo de transitar cara a un modelo de desenvolvemento máis sostible e aberto que reforce -e non debilite- a súa hexemonía política (Ríos, 2012). Ao longo do ano 2015 rexistráronse tanto altibaixos como a intensificación de transformacións estruturais cuxo resultado é, polo momento, incerto á vista das resistencias que atopa no aparello burocrático e as propias incertezas que aínda condicionan o rumbo da economía internacional.

22/09/2014
22/09/2014
IGADI

Diversas firmas cualificadoras acaban de anunciar que América Latina crecerá globalmente un 2% para 2014, confirmando a paulatina caída do crecemento hemisférico tras unha década de boom económico, traducido en índices de crecemento estimados entre 5 e 7%. Só os países membro da Alianza do Pacífico (México, Colombia, Perú e Chile) rexistrarán índices de crecemento económico entre 3 e 4% para 2014 e 2015, toda vez a recesión en Brasil e os problemas financeiros e de inflación en Arxentina e Venezuela complican o panorama hemisférico. Pola súa banda, a Comisión Económica para América Latina (CEPAL) cifrou nun 2,7% estas expectativas de crecemento hemisférico.

23/01/2014
01/02/2014
ECO

As elites mundiais dos negocios e a política déronse cita novamente en Davos, Suíza, para “remodelar o mundo”. Tremamos. O director executivo do evento, Klaus Schwab, falou de “optimismo cauto, expectativas limitadas e moitas incógnitas”. As invocacións a construír unha nova orde internacional son case tan vellas como o propio mundo, pero cando en foros como este se poñen á tarefa de “remodelar”, moito nos tememos que non será para restablecer os equilibrios básicos que achegan cohesión e xustiza ás sociedades. Desde o seu nacemento, sempre respondeu aos intereses económicos dos máis poderosos condensando un discurso no seu exclusivo beneficio.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais