Distribuir contido

Corea do Norte

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2079 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

13/06/2018
13/06/2018
Sermos Galiza

Despois de tantos tirapuxas, o cumio Trump-Kim, puido celebrarse finalmente. E todo parece indicar que o gran gañador do evento foi o líder norcoreano. Trump elevara as expectativas dun encontro no que había facer gala das súas autoaclamadas habilidades negociadoras, pero á hora da verdade puideron quedarse curtas. Kim Jong-un accedeu a promover a desnuclearización “de toda a península” pero non será de maneira  incondicional nin inmediata, á espera de concretar as garantías precisas no marco dun acordo integral que abarque a seguridade, a diplomacia e a economía. Kim suspenderá os ensaios e Trump as manobras militares no mar Amarelo segundo o principio da dobre suspensión instado por China dende hai tempo. A medida do éxito final do encontro virá dada no inmediato pola posibilidade de que Seúl e Pyongyang anuncien a firma do Tratado de Paz que poña fin ás hostilidades. En calquera caso, o conflito confróntase a un novo escenario. Trump fixo historia; agora veremos o que fai a historia con el.

05/06/2018
05/06/2018
Revista ZETA (Venezuela)

A súbita visita do ministro ruso de Exteriores Serguéi Lavrov ao líder norcoreano Kim Jong un,  que provocou un inmediato malestar en Washington, confirma os intereses de Moscova,  sen esquecer por suposto a China, dentro do xadrez estratéxico  establecido na península coreana, en plena efervescencia mundial ante o cumio entre Kim e Donald Trump previsto para a próxima semana.

09/05/2018
04/05/2018
Revista ZETA (Venezuela)

Coas expectativas enfocadas no histórico cumio que agarda poder realizar co controvertido líder norcoreano Kim Jong un, o presidente Donald Trump acelera os pasos para sepultar o acordo nuclear con Irán, outro legado da era Obama. Todo iso sen perder de vista as secuelas que o “Russiagate” está tendo para a súa presidencia e do novo ciclo político hemisférico en América Latina, que pode trastornar os eixes xeopolíticos ata agora sostidos polo “chavismo”.

20/04/2018
20/04/2018
IGADI

A controvertida “operación castigo” a través de bombardeos selectivos en Siria realizado o pasado 15 de abril, impulsada por EUA, Gran Bretaña e Francia, xunto ás revelacións de negociacións secretas entre o Secretario de Estado Mike Pompeo co líder norcoreano Kim Jong un, manifesta a confusa política de “pau e cenoria” que o presidente Donald Trump ten a man en Siria e Corea do Norte. O obxectivo estratéxico programado por Trump en ambos escenarios revela a intención de conter a posibilidade de que as súas dous principais rivais, Rusia e China, gañen posicións no taboleiro xeopolítico global.

29/03/2018
29/03/2018
Praza

O cume Xi-Kim en Beijing foi unha xogada mestra da diplomacia chinesa. Aínda que tamén un gran triunfo para Kim Jong-un, que obrigou ao “temoneiro extraordinario” a cambiar de rumbo de modo abrupto. Días atrás, o 20 de marzo, o Global Times xa nos recordaba a importancia da alianza Beijing-Pyongyang e salientaba no seu editorial o difícil e perigoso que sería para Corea do Norte lidar soa con Seúl, Washington e Tokio. Unha semana máis tarde, Kim iniciaba a súa visita a China, a súa primeira saída ao exterior desde 2011, cando asumiu funcións, indicando a todos que a súa relación con Beijing é un valor seguro ante a hipótese dun novo fracaso das negociacións. Atrás quedaban outros improperios nos que o propio Presidente chinés cualificaba as “provocacións militares” de Kim Jong-un como unha “ameaza para a seguridade de China”. 

11/08/2017
11/08/2017
Praza Pública

O intercambio de exabruptos entre o presidente Trump e o líder norcoreano Kim Jong-un pode pasar de longo de novo como unha nube de verán sen mais transcendencia pero cada escalada verbal bota gasolina sobre un conflito que en calquera momento podería desbordarse. Pese a que todos os actores na zona descartan para os seus adentros o enfrontamento militar como solución, a dinámica actual, abondosa en imprevisibilidades, eleva o risco de precipitación de escenarios incontrolables.

10/04/2017
11/04/2017
Rebelión

Son múltiples, sen dúbida, os xeitos de interpretar o resultado do recente cume Trump-Xi. Non obstante, que, a continuación, o grupo de ataque do portaavións estadounidense Carl Vinson parta de Singapur con rumbo a augas próximas á península de Corea no medio dunha nova escala de tensión na zona, é un dato relevante. O despregue chegou tras cancelar unha visita anteriormente programada a un porto de Australia. O dato invita a pensar nun novo fortalecemento da presenza militar de Washington na rexión.

14/03/2017
14/03/2017
Público

A situación na península coreana se enrarece e complica cada día máis. Pese á aparencia de maiores prexuízos e inseguridades para Seúl, o certo é que, no fondo, é China quen pode, a longo prazo, levarse a peor parte. Beijing non consegue abrir paso á recuperación do diálogo hexagonal (as dúas Coreas, EEUU, Xapón e Rusia) pese a que non cre na efectividade das sancións. 

12/02/2016
14/02/2016
Diario El Correo (Bilbao)

O recente lanzamento dun foguete de longo alcance por parte de Corea do Norte activou novamente as alertas nos países veciños e en EUA a propósito do desenvolvemento militar de Pyongyang. O lanzamento chegaba case un mes despois de que afirmase experimentar a primeira bomba H da súa historia. En xaneiro, Pyongyang afirmou superar o reto tecnolóxico da fusión cun enxeño que podería ser mil veces superior ao dunha bomba A clásica. A versión oficial norcoreana alude á posta en órbita con éxito do satélite de observación terrestre Kwangmyongsong-4, a bordo dun foguete.

20/01/2016
01/02/2016
Luzes

Que crer e que non do que se conta del!. Hai poucos meses dicíase que ordenara a execución dunha ex noiva, Hyon Song-wol, e unha ducia de músicos da orquestra Unhasu, obrigando ás familias a asistiren á matanza, e todo porque lle atoparan un vídeo X, que non era tal, e unhas biblias. Non se pode crer todo o que se conta pero tampouco hai formas certeiras de confirmar ou desmentir o que acontece ou deixa de acontecer nun país tan pechado como Corea do Norte. Outro tanto podiamos dicir de cando seica mandou executar ao seu tío Jang Song-Thaek, segundo en importancia dentro do goberno, pechándoo nunha gaiola con 120 cans famentos. A verdade é algo tan precario en relación a esta Corea que nin aos desertores se lles pode crer.

12/01/2016
12/01/2016
Diario El Correo

O mundo condenou unanimemente a nova explosión nuclear norcoreana. Servirá de algo? É probable que se repita o escenario das anteriores probas (2006, 2009 e 2013), co Consello de Seguridade da ONU impoñendo novas sancións de diverso cariz. O certo é que si algo demostra esta última proba é a inutilidade das sancións, por si soas, para resolver o problema. É máis que probable que EEUU, Xapón ou Corea do Sur, entre outros, reclamen aumentar a presión sobre Pyongyang que, con seguridade, atopará en Chinesa importantes resistencias, si non formais, polo menos prácticas. Si Beijing sumouse ás sancións adoptadas en 2013, voces críticas suxiren que a súa laxitude na aplicación -especialmente os controis fronteirizos- fixo posible este novo desafío norcoreano. 

12/01/2016
12/01/2016
The Huffington Post

Tras anunciar Corea do Norte o desenvolvemento dunha bomba H, China mostrou, primeiro, a súa oposición á proba e, segundo, a súa sorpresa por non ser informada con antelación. Desde a primeira proba nuclear levada a cabo por Pyongyang en 2006, a posición chinesa evolucionou cada vez máis cara ao distanciamento do seu aliado e, sobre todo, desde a chegada de Xi Jinping.

03/04/2013
04/04/2013
Sermos Galiza

As tensións na península coreana reflicten unha profunda pugna polo liderado rexional en Asia-Pacífico.

A orixe da actual crise relaciónase en primeira instancia coa terceira proba nuclear levada a cabo por Pyongyang o pasado 12 de febreiro en resposta aos exercicios militares conxuntos de EUA e Corea do Sur, en vésperas da toma de posesión da nova presidenta en Seúl, Park Geung-hy, partidaria dunha liña menos conciliadora cos veciños do Norte. A crise serve ao norcoreano Kim Jong-Un para reforzar internamente as súas credenciais e a capacidade de manobra así como para fortalecer o poder dinástico. A rehabilitación do defenestrado primeiro ministro Pak Pong-ju, cesado en 2007 e considerado un reformista revive non obstante as expectativas de cambios económicos en Corea do Norte na perspectiva varias veces suxerida desde China.

12/02/2013
12/02/2013
Praza

Terceira proba nuclear de Corea do Norte

A terceira proba nuclear norcoreana levada a cabo este martes co argumento de “defender a  seguridade e soberanía fronte ás políticas hostís de EUA”, chega varias semanas despois de que o Consello de Seguridade da ONU aprobara unha resolución contra Pyongyang polo lanzamento dun foguete o pasado decembro.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais