Distribuir contido

consenso

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1856 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

22/04/2016
22/04/2016
Ahora Semanario Independiente

Ao secretario xeral do Partido Comunista e presidente chinés, Xi Jinping, adxudícanselle tres obsesiones principais que están provocando reaccións encontradas na sociedade chinesa.

A primeira ten que ver coa concentración do poder persoal. A sucesiva creación de estruturas especializadas situadas baixo o seu liderado e en detrimento dos órganos ordinarios, tan característico do primeiro tempo deste o seu tamén primeiro mandato, viuse reforzada coa implicación persoal de membros do seu gabinete en áreas de responsabilidade doutros membros da dirección do partido e do Estado. Xi impulsou tamén unha profunda reforma do exército e en carteira figura a reestruturación da policía armada restando competencias ás autoridades civís, desde o ámbito local ao Ministerio de Seguridade Pública, que reverterían a favor da Comisión Militar Central que tamén preside. O propio reforzamento do papel do PCCh en todas as estruturas do Estado, afastando calquera dúbida de separación Estado-Partido de outrora, debilita a autonomía dos órganos estatais. Todo iso permítelle estender o seu control en menoscabo de certo equilibrio de poderes.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais