Distribuir contido

Consello Lexislativo

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1915 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

18/11/2016
18/11/2016
The Huffington Post

A Corte Suprema de Hong Kong pronunciouse recentemente a favor das teses do goberno central en Beijing invalidando a toma de posesión no Consello Lexislativo de dous deputados independentistas que violaron as normas da Lei Básica ao prestar xuramento. O fallo prodúcese despois de que o Parlamento chinés emitise o seu propio ditame. Os xuíces da Corte Suprema aseguraron que a súa decisión sería a mesma sen importar o sentido da intervención preventiva de Beijing. A interpretación que dimana do poder central é vinculante pero mírese como se mire dana a imaxe da autonomía de Hong Kong. 

05/09/2016
05/09/2016
El País

Tres son as cuestións principais que se dilucidaban nestes comicios, sen dúbida, os máis polémicos e cruciais dos últimos tempos en Hong Kong, feito reflectido na alta participación. Dunha parte, si o campo pro-democracia podería manter ou ata ampliar a súa franxa de apoio, cifrada en 27 escanos na lexislatura precedente. Doutra, calibrar o impacto electoral do activismo asociado á “Revolución dos Paraugas?. Para rematar, si os resultados poderían ou non servir de argumento para que o actual Xefe da Rexión Administrativa Especial, Leung Chun-ying, aspire a un segundo mandato o próximo ano.

10/08/2016
11/08/2016
The Huffington Post

A Rexión Administrativa Especial (RAE) chinesa de Hong Kong celebrará comicios o próximo 4 de setembro. Tralo “movemento dos paraugas” en 2014 e o fracaso da reforma electoral en 2015, a xornada podería revelar unha nova radiografía do momento político do antigo enclave británico. Para China representa unha oportunidade de reconducir a maltreita estabilidade da rexión nun contexto de incremento da resistencia cívica fronte ao que algúns sectores consideran unha erosión significativa e sistemática do autogoberno por parte das autoridades centrais. 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais