Distribuir contido

conflitos

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1940 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

16/12/2015
12/12/2015
Xornadas Cultura de Paz, Seguridade e Desarmamento. Santiago de Compostela

Non hai crise para a industria de armamentos nin para os seus socios. O informe 2014 do Stockholm International Peace Research Institute (SIPRI) asegura que o gasto total en armamentos foi de US$ 1.776 miles de millóns, unha redución do 0,4% co respecto ao 2013, equivalente a un 2.3% do PIB global. Pola súa banda, as vendas de armamentos e servizos militares por parte das grandes multinacionais deste negocio totalizaron US$ 401 miles de millóns en 2014. EUA, China, Rusia, Arabia Saudita e Francia lideran as estatísticas dos países con maior gasto militar, toda vez en 2014, un total de 20 países, principalmente de África, Oriente Próximo e Europa do Leste, concentraron mais do 4% do seu PIB en gasto militar, superando aos 15 países que ofreceron ese mesmo índice en 2013.

03/06/2013
03/06/2013

A prolongación das protestas en diversas cidades turcas, con epicentro na polémica decisión por parte do goberno de Recep Tayyip Erdogan de construír un centro comercial en pleno corazón de Istambul e, principalmente, fomentadas pola desproporcionada represión por parte das autoridades contra os manifestantes, implica considerar a reactivación dunha serie de pulsos e transicións existentes na Turquía contemporánea, basicamente identificados pola secular confrontación entre sectores laicos e relixiosos, progresistas, modernistas, tradicionalistas e, incluso, entre diversas elites de poder existentes.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais