Distribuir contido

comunismo

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1857 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

10/03/2016
10/03/2016
Revista de Occidente

Vinte e cinco anos logo da disolución da Unión Soviética, o Partido Comunista de China (PCCh) persiste na súa lectura negativa da perestroika. Aínda hoxe, cando o xigante asiático enfráscase na que considera última etapa do seu proceso de modernización, co cambio no modelo de desenvolvemento que a catapultaron á condición de segunda economía mundial, as advertencias contra o afrouxamento do Partido ou a baixada de garda ideolóxica retumban nos corredores de Zhonnanghai. Xa non hai “dous soles no Ceo” -invocación á contenda xurdida nos anos sesenta entre o comunismo soviético e o maoísmo-, pero lonxe de minguar fronte ao triunfo do liberalismo, en Beijing insístese en percorrer un camiño propio que tanto se afaste daquela experiencia malograda como dos cantos de sirena provenientes do lado vencedor da guerra fría en prol dunha democracia pluralista. Como dixo Eduardo Lourenço, o muro de Berlín caeu para ambas partes. E China atende a todo pero está a outra cousa.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais