Distribuir contido

Casas

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2077 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

25/08/2018
25/08/2018
Praza/Sermos

Casa de América (Madrid), Casa Asia (Barcelona e Madrid), Casa África (Las Palmas), Casa Árabe (Madrid e Córdoba), Casa Mediterráneo (Alicante), Centro Sefarad-Israel (Madrid)…. Non falta algo? O Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación leva anos promovendo esta figura das casas para estimular as relacións de España con determinados ámbitos, como unha ponte con diversos mundos de especial interese. Nada dese esquema pendura en Galicia. Anos atrás, houbo a posibilidade de dotármonos dunha delegación da Casa Asia, asentada en Barcelona, pero quedou nunha de tantas promesas incumpridas, unha actitude facilitada polo noso propio desleixo. En tempos, tamén tentamos dende o IGADI que a Casa de América habilitara Baiona como sede complementaria para algunhas actividades, habida conta do papel da vila erizana na “xesta colombina”. Recordo que para as nosas autoridades locais era como falar vegliota (aquela fermosa invención de Reimundo Patiño) …

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais