Distribuir contido

Canle de Panamá

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1960 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

25/06/2016
26/06/2016
OPCh

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 20 ao 26 de Xuño de 2016

1. Informe

Tsai Ing-wen iniciou o seu periplo americano (Panamá e Paraguai). O obxectivo, segundo as súas propias palabras, axudar a elevar máis aínda a visibilidade de Taiwan na area internacional malia atoparse nunha situación diplomática moi difícil. No Yuan Lexislativo, Huang Kuo-shu, deputado do PDP, recordou que Panamá recibiu grandes investimentos de China continental nos últimos anos, insinuando que a presidenta Tsai podería ser o último xefe de Estado da República de China en visitar devandito país. David Lee, ministro de Asuntos Exteriores, quitou ferro a estas informacións asegurando que, pese á crecente intensidade daqueles vínculos económicos, a relación diplomática é de longa data e non se escatimarán esforzos para preservala. Recórdese que recentemente, Yang Kuo-chiang, presidente do Consello de Seguridade Nacional, sinalou que máis do 80 por cento dos aliados poderían xerar problemas nos próximos meses…

17/06/2016
17/06/2016
OPCh

A primeira viaxe ao exterior da presidenta taiwanesa Tsai Ing-wen levaralle a semana próxima a Panamá e Paraguai. Trátase dun periplo circunstancial que en gran medida devén da invitación á inauguración da ampliación da Canle de Panamá, onde opera a navieira taiwanesa Evergreen. Panamá é un dos seus once aliados en Centroamérica (todos menos Costa Rica desde 2007). Paraguai é o único aliado en Sudamérica. Tsai cumprirá apenas o seu primeiro mes no cargo o próximo 20 de xuño.

02/05/2014
02/05/2014
IGADI

As eleccións presidenciais panameñas previstas para o próximo 4 de maio merecen un lugar de atención ante a perspectiva de definir diversas variables de carácter xeopolítico para o istmo, considerado unha das “estrelas económicas” en ascenso no contexto hemisférico. Coas expectativas sobre a ampliación do Canle de Panamá a partir de 2016, en especial tomando en conta a potenciación da Zona Libre de Colón (ZLC), cobra incidencia a cada vez maior preponderancia do comercio exterior con China, país co que Panamá non mantén relacións diplomáticas oficiais a diferenza de   Taiwán, así como dos avances panameños para inserirse dentro da Alianza do Pacífico, aproximándose así á estratexia impulsada por Washington.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais