Distribuir contido

Brexit

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1907 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

25/06/2017
21/06/2017
Sermos Galiza

Teresa Barro achega a súa visión

Poucas veces terá habido un momento tan fascinante na política do Reino Unido como o que xurdiu coas eleicións xerais do catro de xuño. Nada quedou como antes e todo virou ás avesas.

07/04/2017
07/04/2017
IGADI

“The article 50 process is now under way” Estas foron as primeiras verbas coas que a Primeira Ministra do Reino Unido activou solemnemente na Cámara dos Comúns o artigo cincuenta do Tratado da Unión Europea iniciando o proceso de saída do Reino da estrutura comunitaria.

04/10/2016
04/10/2016
IGADI

A vitoria do Non (50,3%) no referendo sobre os Acordos de Paz celebrados o pasado 2 de outubro en Colombia poden marcar un punto de inflexión nunha sociedade polarizada polo súbito final de 52 anos de conflito armado, pero aparentemente pouco convencida sobre o consenso necesario para pasar páxina da guerra e tentar afrontar a etapa post-conflito. Pero máis que os índices rexistrados polo Non, o mais salientable foi a elevada abstención (62%), un síntoma de preocupante apatía e silenciosa distancia de cara á que debería ser a consulta mais importante na historia contemporánea de Colombia.

07/09/2016
07/09/2016
Sermos Galiza

Teresa Barro achega a súa visión

As elites e os políticos ao servizo desas elites queren asentar a ideia de que as nazóns deben deixar de existir porque son un atraso, e por iso non lles pasa dos dentes o trunfo do Brexit. Tudo o estabelecimento, nacional e internacional, protesta contra unha decisión que queren apresentar como tomada por brutos e ignorantes, xente baixa e sen cultura que se deixou levar por sentimentos e emocións primitivos e non foi racional nen fixo caso do expertos e dos que teñen categoria e están a frente das grandes institucións.

12/08/2016
12/08/2016
OPCh

China seguiu con lóxica atención o proceso que desembocou na consulta sobre a permanencia de Reino Unido na Unión Europea. Cabo sinalar que Londres está só por detrás de Berlín no ranking de países europeos con maior volume comercial con China. Aínda así, as exportacións ao Reino Unido supoñen un tres por cento das exportacións totais chinesas, unha cifra non moi elevada.

27/06/2016
27/06/2016
IGADI

            El Brexit evidenció la fractura del Reino Unido entre sus élites y sus sectores laborales de menores recursos, entre Londres y la provincia, entre los jóvenes y los viejos, entre su población educada y sin educación, entre Inglaterra y la periferia celta de Escocia e Irlanda del Norte. Ello dentro del marco de la  polarización entre un país volcado hacia Europa, el mundo y la globalización y otro volcado sobre sí mismo que teme a la competencia extranjera, al desfase de su identidad y a la erosión de su accionar independiente. Se trató de un nuevo episodio de la confrontación entre la aldea global y la pequeña aldea, en el cual la última triunfó. Las consecuencias de ello serán profundas y variadas. En esencia estas deben ser vistas desde la doble perspectiva del Reino Unido y del exterior.

20/06/2016
20/06/2016
IGADI

            Confrontado como sus antecesores a dos desgastantes polémicas políticas que desde hace tiempo enrarecen la vida del país –el abandono del Reino Unido por parte de Escocia y el abandono de la Unión Europea por parte del Reino Unido- David Camerón decidió cortar de raíz ambos problemas. En 2014 convocó un referéndum para dilucidar el tema de Escocia y para el día 23 de esta semana está previsto otro para resolver si su país permanece o no dentro de la Unión Europea. A diferencia del primero que se desenvolvió dentro del marco de la consulta, la cruzada del Brexit desbordó su ámbito de referencia para transformarse en una rebelión populista contra las élites. El campo anti Unión Europea no sólo evidencia fuertes tintes nacionalistas sino también una fuerte reacción anti parlamentaria y anti política convencional. ¿Que se encuentra detrás de este estado de cosas? Cuatro razones básicas podrían ayudar a explicar la virulencia de las fuerzas del Brexit.

04/06/2016
04/06/2016
Sermos Galiza

Unha opinión de Teresa Barro

A campaña do referendo británico sobre se saír ou quedar na UE, que será o 23 de xuño, entrou na fase que chaman de purdah, na que o governo xa non pode utilizar a maquinaria do estado. David Cameron utilizou esa maquinaria estatal e o diñeiro dos contribuintes para facer propaganda de quedar na UE cunha ferocidade que enraiveceu  a moitos do seu partido que queren a saída. Comparada a campaña de agora coa dos anos setenta, menos exaltada e na que Tony Benn e Jeremy Corbyn, do partido traballista, argumentaron en favor de non formar parte da futura Unión Europea frente aos conservadores europeístas, esta é unha guerra civil entre os conservadores, divididos desde hai varias décadas pola cuestión europeia. Lidera a campaña para quedar na Unión o Primeiro Ministro conservador, David Cameron,  e a de saír da Unión outro conservador,  Boris Johnson, alcalde de Londres até hai pouco. Os dous teñen case a mesma idade e educáronse en Eton e Oxford, mas, logo de se graduaren, Cameron dedicouse á política sen facer nunca outra cousa e Boris fixo carreira de xornalista, escritor e historiador:  aos vinte e tres anos empezou a traballar para The Times, logo foi corresponsal en Bruxelas do Daily Telegraph e mais adiante  director-redactor do semanario The Spectator. Aínda que os dous son Tories típicos, David é gris e Boris, vistoso.

02/05/2016
02/05/2016
Sermos Galiza

Unha opinión de Teresa Barro

Semella que a posibilidade de que os británicos voten no referendo de xuño en favor de saír da Unión Europeia é algo que as forzas neoliberais non aturan.  Á intervención descarada de institucións como o FMI avisando do desastroso que sería o BREXIT para o país, para Europa e para o mundo enteiro, ou a da raíña do Reino Unido en favor de seguir na UE aínda que se supón que ela non se mete na política, ou a dalgúns bispos católicos que saen predicando en favor da unión e dando como exemplo de virtude os esforzos que se están facendo para conseguir a unión das igrexas cristianas (sempre que os protestantes admitan a superioridade dos católicos e obedezan ao Papa), hai que sumar agora a da esquerda estadounidense.  Ao coro de beatos e apolípticos que falan da Unión Europea como se ese modelo de ditadura neoliberal e disfuncional ofrecese estabilidade e prosperidade eterna, uniuse estes días a voz de Obama, que avisou que se o Reino Unido marchaba da UE non contase con facer negocios cós Estados Unidos e que á hora de firmar tratados comerciais sería o último na cola. Respondéronlle os partidarios da saída que os EUA non admitirían para eles a falta de democracia e a perda de soberanía que supuña a Unión Europeia para as nazóns que a integraban.  E como tamén dixeron que eran as palavras dun presidente nos últimos meses do seu mandato e que xa non contaba, saíu ao día seguinte Hillary Clinton a apoialo como ¨futura¨ presidente e a ratificar que o Reino Unido sería castigado se ousaba independizarse.

14/03/2016
13/03/2016
Sermos Galiza

Unha análise de Teresa Barro

David Cameron, o Primeiro Ministro da Grá Bretaña, prometeu nas últimas eleicións un referendo sobre se sair ou non da Unión Europeia, e esa foi seguramente unha das razóns polas que o partido conservador gañou esas eleicions cando ninguén o prevía.   O que levou a Cameron a prometer ese referendo foi o medo a que o antieuropeísta UKIP (United Kingdom Independence Party) lle tirase votos e políticos ao seu partido.  O referendo será o 23 de xuño deste ano, e xa empezou unha campaña que será moi intensa e na que o partido conservador entra dividido pola metade, con Cameron a frente dos partidarios de seguir na Unión Europeia e figuras moi coñecidas e de peso que queren a saída, o BREXIT.

24/05/2015
01/06/2015
ECO

Tralas eleccións do 7 de Maio, o conservador David Cameron outea no horizonte a consulta o ano 2017 sobre a eventual retirada do Reino Unido da Unión Europea. O “Brexit” (contracción de British e exit, saída) vai depender, en boa medida, da súa aposta na consulta e esta dependerá do resultado das negociacións iniciadas coa Comisión para lograr novas concesións na modalidade de participación no proxecto europeo. Cómpre ter en conta que esa singularidade británica non é nova; de facto, Londres, como é ben sabido, nin participa no euro ni no espazo Schengen. Agora tamén ambiciona quedar fora da Convención europea de dereitos humanos, entre outros. Se esa negociación sae “ben”, colmando ata as expectativas do UKIP (United Kingdom Independence Party), podería mesmo acontecer que o referendo non chegara a se celebrar. En todo caso, Cameron aspira a unha consulta na que, como moito, teña que defender o si  ao mantemento na UE. Segundo o Financial Times, ata catro sondaxes realizadas en abril daban confortables maiorías a favor do mantemento na UE.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais