Distribuir contido

Aung San Sui Kyi

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2061 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

30/09/2017
01/10/2017
ECO

A minoría rohingya, vítima dunha limpeza étnica

O drama vivido pola minoría rohingya en Myanmar, vítima dunha limpeza étnica sen paliativos condenada polas Nacións Unidas, non é mais que a punta do iceberg da fráxil convivencia que caracteriza este país dende hai décadas. Ata preto de medio millón de integrantes desta minoría musulmá foron expulsados polo exército regular cara o Bangladesh veciño. Máis de duascentas aldeas desta minoría foron totalmente arrasadas e ducias de minas antipersoa foron colocadas no lado birmano da fronteira con Bangladesh, un país que a todas luces non dispón dos medios precisos para acoller tal volume de refuxiados, co claro propósito de evitar o seu retorno. Estamos ante o éxodo mais importante desta minoría en toda a súa historia.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais