Distribuir contido

Arxentina

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1934 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

30/04/2016
04/05/2016
Sermos Galiza

Comprobamos hai pouco con certo asombro e non pouca envexa como os peruanos podían votar fóra do país en urnas nas súas eleccións xerais. Outro tanto aconteceu en febreiro co referendo boliviano. Levan tempo facéndoo. Os galegos e galegas da diáspora seguen sen poder facelo debidamente, vítimas dun asistencialismo de baixa intensidade e dunha incompetencia interesada que reduce as súas posibilidades de participación na política do seu propio país. Dinnos que algo tan simple é moi complicado. Falamos desa diáspora que representa un capital de primeira orde para a nosa acción exterior e que de cando en cando, como agora aconteceu na visita do presidente Feijóo a Arxentina e Uruguai, amosa a súa sólida penetración nas sociedades de acollida, cun talento e unha vitalidade alarmantemente desaproveitada por nós. Xa quixeran outros países contar con esa rede de capital humano.

11/12/2015
11/12/2015
IGADI

A ausencia de Cristina Fernández de Kirchner na toma de posesión do novo presidente arxentino Mauricio Macri e a virulenta reacción do presidente venezolano Nicolás Maduro ante a maioría absoluta alcanzada pola oposición na Asemblea Nacional nas recentes eleccións lexislativas, son aspectos que determinan unha aparente convicción de apostar pola vía da confrontación directa, minimizando os canais do diálogo e da negociación, necesarios para garantir o equilibrio de poderes en contextos trazados pola forte polarización. Toda vez, ambas actitudes menoscaban calquera tentativa crible de fomentar unha revisión estrutural das súas respectivas derrotas electorais, en aras de preservar un establishment de poder que pode verse seriamente contestado e contrariado a mediano prazo, principalmente no caso venezolano.

14/08/2015
14/08/2015
IGADI

Unha análise de Cintia Piñeiro, estudante en prácticas da USC

O pasado domingo 9 de agosto celebráronse na Arxentina as denominadas PASO (Primarias Abertas Simultáneas e Obrigatorias). Trátase dunha das últimas iniciativas gobernamentais orientadas a facilitar a democracia participativa, aínda que nesta ocasión saldouse cunha asistencia do electorado menor que noutras oportunidades. En chave electoral e política, as PASO constitúen unha especie de enquisa nacional para medir o apoio real co que contan os partidos políticos a nivel estatal. En esencia, trátase dunhas primarias nas que o electorado elixe os candidatos para as eleccións presidenciais definitivas.

04/08/2015
04/08/2015
IGADI

Unha análise de Cintia Piñeiro, estudante en prácticas da USC

Un total de 32 millóns de arxentinos están chamados ás urnas o próximo 25 de outubro para elixir o novo presidente da Nación. Cabe destacar que os candidatos sairán das primarias que se realizarán o próximo 9 de agosto, pois segundo as enquisas realizadas, ningún partido político obtén unha porcentaxe maior ó 45% dos votos, polo tanto, moi probablemente celebrarase unha segunda volta ou ballotage o vindeiro 24 de novembro.

10/02/2015
10/02/2015
Praza Pública (Galicia) e Mundiario (Galicia)

A súbita aparición de dous confusos escándalos que involucran aos gobernos de Cristina Fernández de Kirchner (“caso Nisman”) e de Nicolás Maduro (“caso Leasmy Salazar”) calibran a complexidade dos contextos políticos que se abren en dous países, Arxentina e Venezuela, que afrontarán decisivas citas electorais ao longo de 2015. Neste sentido, o impacto político destes casos e, principalmente, a evolución das preferencias electorais de cara aos comicios pautados, definirán agudos retos para dúas vertentes políticas, o “post-kirchnerismo” e o “post-chavismo”, que pretenden conservar as súas respectivas hexemonías, contrarrestadas por contextos condicionados pola crise socioeconómica, a credibilidade internacional e as presións políticas internas e externas.

31/07/2014
31/07/2014
Praza Pública (Galicia)

Arxentina apréstase a confrontar un período de complexidades financeiras con notorias consecuencias políticas, principalmente de cara aos comicios presidenciais pautados para 2015 así como na súa tradicionalmente tensa relación cos organismos financeiros internacionais. Este escenario vese contemporizado pola crise derivada das demandas de acredores estranxeiros que non se acolleron á reestruturación da débeda pública arxentina entre os anos 2005 e 2010, e cuxo vencemento cumpriuse este 30 de xullo. O fracaso da negociación en Nova York incrementa agora as preocupantes perspectivas sobre a economía arxentina, en particular ante as expectativas derivadas das presións exteriores por unha eventual bancarrota financeira.

25/10/2013
25/10/2013
Praza Pública (Galicia)

Independentemente dos resultados electorais dos comicios lexislativos a celebrarse na Arxentina o próximo 27 de outubro, a sensación de final de ciclo político resulta patente, en particular no relativo ás expectativas que se cernen sobre as hipotéticas candidaturas para os comicios presidenciais de decembro de 2015. Estas candidaturas visiblemente buscan fortalecerse nos comicios deste domingo, imprimindo unha especie de paréntese “post-kirchnerista”.

24/10/2013

 

13/08/2013
13/08/2013
Mundiario (Galicia-España)

As recentes eleccións primarias celebradas o pasado 11 de agosto en 24 provincias da Arxentina, test electoral previo aos comicios lexislativos de outubro próximo, ven sendo constantemente analizado nos medios locais e internacionais como unha marcada derrota electoral para a presidenta Cristina Fernández de Kirchner e o seu movemento Fronte para a Vitoria (FpV)  Non obstante, a realidade non asegura dende diversas ópticas que esa derrota sexa decisiva, coincidindo coas perspectivas emanadas dende determinados sectores opositores na Arxentina por propiciar un eventual “fin de ciclo” para o “kirchnerismo”. 

21/05/2013
21/05/2013
Praza Pública (Galicia)

Coa mente nos comicios lexislativos do próximo 27 de outubro, a presidenta arxentina Cristina Fernández de Kirchner celebrará con importantes festexos o próximo 25 de maio o décimo aniversario da vitoria electoral do seu desaparecido esposo Néstor Kirchner alcanzada en maio de 2003,  cando gañou as eleccións cunha mínima marxe de 22% dos votos. Dende entón, os Kirchner inauguraron un período de goberno que transformou a política arxentina, sacudida polos dramáticos efectos sociais da crise económica do “corralito” de 2001.

12/03/2013
12/03/2013

América Latina está sentando un histórico precedente, orientado a someter ante a xustiza aos responsables do seu pasado mais doloroso e recente. A semana pasada comezou en Bos Aires un inédito xuízo contra os responsables do macabro Plan Cóndor que, durante as décadas de 1970 e 1980 e orquestrado baixo o amparo de Washington, permitiu a coordinación represiva das ditaduras de Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Paraguai, Perú e Uruguai, na persecución e eliminación de opositores.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais