Distribuir contido

António Costa

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1952 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

06/11/2015
06/11/2015
Tempos Novos

A diferenza entre a aritmética electoral e a parlamentaria quedou plenamente de manifesto nos comicios do 4 de outubro en Portugal. A coalición de dereitas Portugal à Frente (PSD/CDS-PP) obtivo o 38,36 por cento dos votos e 107 escanos; mentres, o PS, o 32,31 por cento e 86 deputados, o BE, o 10,19 por cento e 19 escanos e a CDU, o 8,25 por cento e 17 escanos. En resumidas contas, o PàF de Passos Coelho foi a forza máis votada, pero a súa vitoria resultou insuficiente para contar con respaldo parlamentario estable: 107 fronte a 122, deixando de lado o escano dos animalistas (PAN, 1,39 por cento e 1 deputado). E en termos de sufraxios, máis de medio millón de votos avalaban as críticas ás políticas de austeridade.

20/09/2015
20/09/2015
IGADI

Comenza a campaña electoral para o 4 de outubro

Algunhas enquisas para as eleccións portuguesas do próximo día 4 de outubro destacan a sólida resistencia da coalición PSD/CDS-PP co 41 por cento dos sufraxios contra o 34 por cento do PS, a pesar destes duros anos de camiño sen máis política económica que a “empobrecerse, reducir salarios e aumentar a precariedade”. Mentres, o Bloco de Esquerda recibiría o 8 por cento, a CDU restaría cun 7 por cento. Sorprende, en calquera caso, que ata un 32 por cento dubide a quen votar ao que habería que sumar un 10 por cento que se nega a responder, é dicir, un 42 por cento non desvela as súas intencións co que o seu peso será determinante para o resultado final. Outras sondaxes sitúan ao PS por diante cun 35,5 por cento contra un 34 do PSD/CDS-PP, situando a CDU en terceira posición cun 10,3 por cento.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais