Distribuir contido

2018

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2046 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

16/04/2018

Amycos. Nº 24, 2015.

http://amycos.org/

 

21/12/2017
21/12/2017
Praza Pública (Galicia)

Varios escenarios estratéxicos, de índole electoral, ábrense para América Latina no 2018. Neste calendario destacan os comicios lexislativos e presidenciais en Colombia (marzo e maio), Venezuela (por definir), México (xullo), Paraguai (abril), Costa Rica (febreiro) e Brasil (outubro), así como as lexislativas no Salvador e Haití (ambas en marzo). Tamén ten enorme transcendencia o relevo xeracional “post-castrista” que se verificará no próximo Congreso do Partido Comunista de Cuba (PCC) pautado para febreiro. Todo isto sen descartar a latente crise postelectoral en Honduras, as perspectivas de destitución do presidente peruano Pedro Pablo Kuczynski por presunta implicación na rede Odebrecht e a recente vitoria conservadora nas presidencias chilenas. A intensa axenda electoral que agarda América Latina para o próximo ano anuncia unha reestruturación sen cambios significativos no seu espazo de representación política, factor que condicionará o panorama político e electoral de cara á próxima década.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais