Distribuir contido

2016

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1904 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

01/02/2016
01/02/2016
Praza Pública (Galicia)

Tres escenarios gravitarán na atención hemisférica e os pulsos xeopolíticos latinoamericanos para o 2016. O primeiro é, incuestionablemente, a crise política que vive Brasil ante o incremento da presión polo impeachment contra a presidenta brasileira Dilma Rousseff e a certificación dun cadro de progresiva recesión económica. Unha situación similar á venezolana, con maior probabilidade o escenario de maior tensión a nivel hemisférico, fraguada na elevada confrontación de poderes nun contexto de grave crise socioeconómica que determinará o incerto futuro da presidencia de Nicolás Maduro. O terceiro escenario ten que ver coa continuidade dun importante ciclo electoral en curso, que terá as súas próximas citas no referendo de reforma constitucional en Bolivia (21 de febreiro), nas presidenciais e parlamentarias de Perú (10 de abril), as estatais mexicanas (5 de xuño) e as presidenciais e rexionais nicaraguanas (novembro), todo isto sen esquecer o impacto hemisférico que terán as presidencias estadounidenses (1º de novembro). En perspectiva, estes e outros escenarios colaterais revelan diversas variables estratéxicas que permiten identificar os cambios nos equilibrios actualmente existentes a nivel hemisférico.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais