Lamoso González

Distribuir

Distribuir contido

Lamoso González, Paula

Nome: 
Paula

Titulada en Dirección e Xestión Pública pola Universidade de Vigo e Máster da UAB en Integración Europea. Realiza prácticas no IGADI.


6 artigos publicados
IGADI
10/12/2012
Como punto de partida, cómpre sinalar que as relacións entre Brasil e EEUU non se caracterizan pola súa constancia senón pola sucesión dunha alternancia de filias e fobias(1). Mentres que durante os anos de mandato de Lula Da Silva (2003-2011), as relacións entre ambos países foron notablemente tensas, a situación cambiou dende que Dilma Rousseff chegou ao poder (2011). Foi a propia presidenta a que destacou que un dos seus obxectivos era o de camiñar cara unha relación cada vez máis estreita entre ambos. Co ánimo de acadar este obxectivo, Brasil está a modificar sensiblemente o seu modus operandi no que respecta á xestión de asuntos globais, e para iso, dunha banda, está a empregar medidas máis pragmáticas no canto de ideolóxicas e, por outra, evita adoptar posturas que puidesen levantar suspicacias en Washington(2). A primeira razón pola que Brasil decidiu modificar a súa estratexia cara o exterior co ánimo de agradar o máximo posible a EEUU pasa pola consecución do seu máximo propósito en política exterior: contar cun asento no Consello de Seguridade de Nacións Unidas(3).
IGADI
24/11/2012
Entre os días 15 e 16 de Novembro tivo lugar na cidade de Cádiz o XXII Cumio Iberoamericano. O principal tema de debate foi a actual situación económica mundial e o principal obxectivo, a busca de fórmulas conxuntas de actuación para saír da crise. Con ese ánimo apelouse á necesidade de empregar fórmulas de crecemento que potencien a actividade económica, premisa sobre a que se basea o modelo anglosaxón, e non centrar unicamente a atención sobre as medidas de austeridade, opción defendida por Alemaña.
IGADI
17/11/2012
Ao longo da historia, as relacións entre Portugal e Brasil non teñen sido todo o fluídas que cabería esperar tendo en conta a súa proximidade cultural. Isto débese, en grande medida aínda que non só, aos estereotipos creados sobre os emigrantes portugueses en Brasil durante finais do século XIX e principios do século XX.
IGADI
31/10/2012
No mes de Outubro celebráronse as eleccións municipais en Brasil. A primeira volta tivo lugar o día 7, e a segunda, determinante para os concellos de máis de 200.000 habitantes, o pasado día 28. O interese destes comicios é maiúsculo debido a que os partidos que consigan o maior número de alcaldías, ou polo menos as máis importantes, serán os que conten cunha maior vantaxe comparativa para acadar a vitoria na seguinte cita electoral, neste caso a nivel estatal, que terá lugar dentro de dous anos, en 2014.
IGADI
17/10/2012
A acción exterior é de vital importancia para Galicia. Por iso, a maioría das forzas políticas que concorren ás eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo 21 de outubro incorporan no seu programa electoral, en maior ou menor media, un apartado referente ao papel que Galicia debe desempeñar no mundo. Os dous partidos maioritarios, PPdeG e PSdG-PSOE, son os que lle dedican un espazo maior a esta materia e os que coinciden nos ámbitos prioritarios de actuación, aínda que o enfoque e os medios para conseguir estes fins sexan diferentes. Así, mentres o Partido Popular de Galicia aposta por seguir afondando nas políticas centradas na internacionalización da economía, o PSdG-PSOE sinala como prioridades a definición dunha axenda exterior en cooperación cos axentes económicos, culturais e sociais; ou contar coa colaboración do Goberno do Estado e das súas institucións no exterior có ánimo de ser máis eficientes.A máis, o PSdG-PSOE anuncia: a modificación da rede de oficinas no exterior para incorporar os servizos que demandan as empresas, a promoción dunha imaxe de marca de Galicia asociada aos valores emerxentes da sociedade, así como facilitar tanto a presenza das institucións públicas e privadas de Galicia nos foros internacionais, como o desenvolvemento de eventos promovidos por entidades multilaterais en Galicia.
IGADI
11/10/2012
O protagonismo de América Latina no contexto internacional actual relaciónase co feito de constituír unha das áreas máis importantes en termos económicos. Como consecuencia do seu recente desenvolvemento e das históricas disputas entre os seus gobernos é, á par, difícil e sumamente necesario, identificar un líder rexional que asuma a tarefa de interlocución co resto dos centros de poder xeoestratéxico. Así, os dous referentes con maior posibilidade e capacidade para erixirse como tal líderes son Brasil e México.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais