Gonzalves Vicente

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Gonzalves Vicente, Ánxelo

Nome: 
Ánxelo

17 artigos publicados
IGADI
08/09/2012
There are two main international views when it comes to Syria's conflict. One is publicly led by the US and the other one by Russia. Both countries having strong particular interests on that country and the region.
IGADI
20/08/2012
Arredor do conflito que se está a desenvolver na Siria existen, grosso modo, dúas posicións sustentadas por dous bloques de países, un que no debate público lideran os EUA e outro que lidera a Rusia. Ambos os países con fortes intereses particulares no país e na rexión. No entanto, os medios de masa occidentais asumen unha posición fortemente parcial en favor do grupo dos EUA, baseándose en informacións non ofrecidas por corresponsais no terreo, senón por axencias terceiras que nalgúns casos non contan tampouco con corresponsais ou que, contando con eles, prefiren recorrer a fontes partidarias. É o caso do recorrente Observatorio Sirio de Dereitos Humanos, que nalgúns medios aparece referido como parte da oposición Siria, mentres que noutros tan importante información tende a ser, ou é sistematicamente, obviada.
Sermos Galiza
07/05/2012
Do punto de vista político, falar de Escocia hoxe en día equivale a falar do proceso independentista aberto polo nacionalista Scottish National Party (SNP), pois que constitúe a primeira ameaza seria e real á unidade territorial do Reino Unido, un dos Estados do occidente europeo que até hai pouco a se pensaba inmutable no que se refire ás súas fronteiras.
A Nosa Terra
09/05/2011
O pobo escocés deu o pasado xoves unha vitoria inesperada, pola contundencia, ao nacionalista Scottish National Party (SNP), que obtivo a maioría absoluta. Dun total de 129 asentos, o SNP obtivo 69, 23 máis que nas eleccións de 2007, deixando o laborismo, segunda forza, formidablemente lonxe, con 37 asentos, 7 menos que nos comicios precedentes.
A Nosa Terra
21/03/2011
No final das contas parece que o pobre Gandhi, tan frecuentemente loado en todo tipo de tribunas, foi en realidade pouco escoitado e lido e, en todo o caso, amplamente ignorado. Os grandes valores, os máis altos, ben como as persoas que os representan, son levados en conta e magnificados… até que estorban intereses propios, máis ou menos importantes dependendo da integridade de cada persoa, partido político, medio de comunicación, etc.
Xornal de Galicia
15/10/2010
O Partido Socialista de José Sócrates presentará este venres un orzamento digno aos ollos dos intereses financeiros internacionais. Avanzará con decisión no camiño apuntado desde a máis descarnadamente neoliberal UE de todos os tempos e o FMI. Institución esta última que, curiosamente, nada di do Estado con máis peso no seu seo, os Estados Unidos, que están a optar por unha vía diferente da europea, teoricamente a errada.
Xornal de Galicia
16/10/2010
Asevera o historiador Anselmo López Carreira que durante o século XIV desde Galicia faise un importante esforzo, probablemente un dos últimos antes de que o vello reino pase a ser xa definitivamente apéndice de Castela, por desenvolver unha política interna e externa propias. Un dos episodios quizá máis coñecidos deste período é o de Inés de Castro.
A Nosa Terra
02/09/2010
Desde os anos 80, o pulso entre vía política e armada para a consecución dos obxectivos do nacionalismo norteirlandés veu cedendo en favor da primeira. O formidable desgaste que conleva calquera conflito armado facía crecer o número de persoas que desexaban traballar na procura de solucións pacíficas. E, pouco a pouco, as diversas partes envolvidas ían forzando espazos para o encontro e diálogo.
A Nosa Terra
01/07/2010
Desde este mes de xullo, as rédeas do Consello da UE son tomadas por un dos seis países fundadores da Unión, Bélxica, que máis unha vez atravesa por unha situación política delicada. A eventual inestabilidade interna belga non terá efectos negativos no funcionamento institucional europeo, por non ser un caso en absoluto comparable ao da dirección checa de hai un ano; Bélxica é profundamente europeísta.
A Nosa Terra
03/06/2010
Inmediatamente despois do establecemento do acordo de goberno entre conservadores e liberaldemocratas, o xa primeiro ministro tory, David Cameron, puña a andar a que pasou a ser chamadaaxenda do respecto, que tiña como obxectivo principal transmitir ás autonomías británicas que o goberno central vai contar coas súas autoridades e as súas xentes na lexislatura que comeza.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais