González Palau

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

González Palau, Daniel

Nome: 
Daniel
Foto: 

Director do IGADI.
dpalau@igadi.org


17 artigos publicados
Revista ECO
09/04/2019
Coma galegas e galegos no mundo temos vantaxes comparativas e intereses estratéxicos á hora de relacionarnos co exterior que debemos aproveitar. Esa é a misión fundamental do IGADI nos seus vinte oito anos de historia; poñer o perfil global da nosa comunidade ao servizo do seu benestar e desenvolvemento colectivo: a diáspora e a galeguidade, a posición xeopolítica no Atlántico, a lingua, a relación co mundo celta...
Revista ECO
26/02/2019
O 5 de febreiro a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) o Ministerio de Fomento e o Concello da Coruña organizaron un Seminario de presentación da Axenda Urbana española (AUE), o marco de referencia desde o que o municipalismo debe camiñar cara a Axenda 2030 e o cumprimento dos seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas. O evento serviu para coñecer o estado de definición da AUE, que máis cedo que tarde pasará polo Consello de Ministros, coma unha das políticas chave para implementar a Axenda 2030 no Estado, tamén desde o poder local.
Revista ECO
06/02/2019
Dende o ano de 2004, coa aprobación no Parlamento Galego do Libro Branco da Acción Exterior de Galicia, a lusofonía, coma o espazo xeopolítico de lingua oficial portuguesa, é unha área xeográfica prioritaria da acción exterior da Xunta de Galicia. O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), foi na altura a entidade que definiu ese documento estratéxico oficial.
12/07/2018
Os libros e os manuais tradicionais de Relacións Internacionais, coma disciplina con corpus propio dentro do campo das Ciencias Sociais considéranse, no argot, estatocénticos, á hora de subliñar a lóxica das relacións entre os Estados, os procesos destas relacións e a xestión da cooperación ou o conflito entre eles.
10/07/2017
Convidado polo Ateneo Republicano de Galicia, Ignacio Ramonet impartiu o 25 de maio pasado na Coruña a conferencia: 'A catástrofe perfecta: desorde mundial no século XXI' no Auditorio da Fundación Abanca, cun cheo ata o galiñeiro . Director de 'Le Monde Diplomatique' en París entre 1995 e 2008 (actualmente aínda o é da edición en español) foi tamén un dos principais impulsores da ATTAC e do Foro Social Mundial durante a década dos 90, identificando a súa figura intelectual coa construción do movemento anti-globalización e altermundista durante a primeira década do século XXI. É membro do Consello Reitor do Igadi.
23/03/2017
Este venres 24 de marzo o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto N. Feijoo, recibirá en Santiago de Compostela en visita institucional ao Presidente da República de Cabo Verde, Jorge Carlos Fonseca. Servirá a visita para escenificar en Galicia a sinatura do Memorando de Entendemento Galicia-Cabo Verde (a partir de agora MOU, polo acrónimo en inglés[i]) que hai un ano asinaron en Praia (capital de Cabo Verde) o Vicepresidente A. Rueda e a anterior[ii] Ministra caboverdiana de Turismo, inversións e desenvolvemento empresarial, Leonesa Fuertes.
IGADI
10/08/2016
Todas as candidaturas deben ter presente que logo do 25 de setembro, terán que implementar liñas de actuación e medidas que acheguen solucións á cidadanía a curto prazo para os problemas máis inmediatos. Mais tamén, que deberán marcar liñas de traballo de medio e longo prazo que perfilen os seus proxectos estratéxicos, aqueles que ilusionan e mobilizan ao electorado máis alá do urxente e inmediato.
IGADI
21/03/2016
O domingo sucedéronse no arquipélago africano as eleccións lexislativas (as máis determinantes do sistema político caboverdiano), dando lugar a un cambio de goberno e a un novo primeiro ministro do MPD (Movemento da Democracia), acabando así con 15 anos de gobernos do PAICV (Partido Africano da Independencia de Cabo Verde).
IGADI
07/12/2013
O último informe integral que realizou o Igadi sobre a figura dos irmandamentos que vincula aos Concellos galegos cos do resto de planeta identificou 133. Algúns protocolizados como as directrices da Unión Europea sinalan para ter status oficial e outros non tanto.
Praza Pública
13/11/2012
Hai quen fala de hipercrise no sector da cooperación ao desenvolvemento, xa que ademais de ser a política pública máis afectada polas reestruturacións de gasto dos últimos anos, a propia base filosófica da súa acción e utilidade como sector institucional está posta en cuestión, erosionada nos últimos tempos desde diferentes e amplos ángulos.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais