Franco Grande

Distribuir

Distribuir contido
Vinculación

Franco Grande, Xosé Luís

Nome: 
Xosé Luís
Foto: 

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi varias veces galardoado nas Festas Minervais e obtivo tamén o premio Eduardo Pondal grazas ao seu poemario Brétemas de vieiro. É autor tamén de varias pezas teatrais, dun dicionario galego-castelán, e cultiva tamén o ensaio e a crítica literaria. Ingresou na Real Academia Galega o 3 de xullo de 1998. Premio Nacional de Literatura "Rosalía de Castro", polo seu libro de poemas Entre o sí e o non.

Email: francogrande@terra.es


40 artigos publicados
La Voz de Galicia
02/05/2016
O TTIP, ou Acordo Trasatlántico para o Comercio e a Inversión, entre outras moitas nefastas consecuencias, agocha un nada encuberto ataque á soberanía dos Estados concernidos e, por moito que sexa o secretismo das negociacións, hai filtracións abondo para termos a seguridade de que ese é un dos seus obxectivos. É atacada ou descoñecida a soberanía dos Estados en canto se procura actuar á marxe da súa lexislación e dos seus tribunais, arrogándose tamén as corporacións a potestade de demandar directamente aos Estados membros en tribunais non independentes, extraxudiciais, conformados á maneira daquelas compañías e non sometidos a control de independencia. Nin sequera terán a obriga de esgotar previamente as vías legais de cada localidade. 
La Voz de Galicia
03/12/2015
Onte, de maneira inesperada, faleceu en Ciudad Real Ramón Lugrís. Con el e con outros rapaces, no inicio dos anos cincuenta, unha nova mocidade galeguista comezou a lumbrigar no ceo escurecido deste país. Con Mourullo, Beiras, Baliñas, Vidán Torreira, Rubal, e logo Méndez Ferrín, Ramón Lorenzo e outros, constituíase o primeiro grupo galeguista mozo posterior á guerra civil. Lugrís tiña por entón uns catro ou cinco anos máis ca nós, razón pola que aparecía como o irmán maior que, ás veces, se sentía lexitimado para berrarnos, se ben sempre con cordialidade.
La Voz de Galicia
13/07/2015
Que está pasando en Europa para que xa nin maneiras teñamos? Non falamos agora de capacidade política nin doutras capacidades hoxe tamén ausentes. Só nos referimos a ese mínimo e indispensable saber estar esixido a todo dirixente, sexa político ou de calquera outra índole.
La Voz de Galicia
06/07/2015
Os poderes financeiros europeos, que só se senten a gusto fóra da democracia, puxeron os seus berros máis alá dos ceos pola consulta de onte de Tsipras ao pobo grego. Porque a medida, á marxe mesmo da vitoria do non, pon en cuestión as esixencias da troika, e os dogmas, como cuestión que son de fe, non se poden discutir.
La Voz de Galicia
15/05/2012
Nada máis evidente que o desexo de cambio que se vive en Europa, fartos todos da política nefasta de Merkel e de Sarkozy, unha política de curto alcance, nacionalista e contraria aos intereses europeos. A vitoria de François Hollande é vista e sentida en xeral como unha esperanza para Europa.
La Voz de Galicia
07/02/2012
Non teño a menor dúbida: Guantánamo, unha das vergonzas máis grandes do noso tempo, e de todos os tempos, non se pechará. Todo seguirá igual: detidos por tempo indefinido sen ningunha acusación; todos eles sometidos a bárbaras torturas; un mundo no que a ausencia de lei é a norma. E a desesperación e a arbitrariedade.
Grial
01/01/2012
Lamentablemente, Ramón Lugrís (Ferrol, 1932) é una figura moi descoñecida na propia Galicia. Estamos ante unha de tantas anomalías históricas que reflicten a nosa incapacidade para desvelar e recoñecer traxectorias de gran riqueza, complexidade e compromiso, vividas desde dentro e desde fóra co horizonte referencial dun país aberto ao mundo exterior, partícipe dunha universalidade transformadora de nós propios. Nesta Conversa, Lugrís fai un amplo repaso das diferentes facianas do seu labor como activista, xornalista ou tradutor, debruzando opinións sobre a conformación do galeguismo do pasado século e tamén asuntos relacionados coa actualidade máis inmediata, permitíndonos, entre outros, calibrar a fortaleza da súa conciencia europeísta. Pese ao escenario escasamente sedutor de canto pasa ao noso redor…
A Nosa Terra
19/09/2011
Os seis candidatos ás primarias do PS francés interviñeron o pasado dia 15 nun debate televisivo, o primeiro deica agora, no que expuxeron as súas ideas, as súas promesas e as súas intencións. Algúns deles teñen posibilidades de disputarlle a presidencia a Sarkozy (François Hollande, Martine Aubry e, se ben a certa distancia destes, Ségolène Royal). Os demais (Manuel Valls, Jean M. Baylet ou Arnaud Montebourg), teñen moi escasas posibilidades a ese fin.
A Nosa Terra
12/09/2011
É un feito que comprende case todo o mundo árabe e boa parte do musulmán. O que xa é máis dubidoso é que este espertar evidente sexa unha verdadeira revolución, pois, en xeral, semella reducirse a revoltas, con moi diversos matices e alcance nos distintos países desa ampla rexión do planeta.
A Nosa Terra
29/08/2011
Ramón Lugrís, nun número recente de ANT, fíxose eco dunha afirmación miña no sentido de que son indispensables novos políticos que fagan  unha nova política  para nos encarar coas esixencias dos novos tempos. E deunos algunhas indicacións, moi ben expostas, como el adoita, sobre o que polo mundo adiante parece  estar xerándose.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais