Análise e Opinión

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 1859 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

Usa este formato: 2017-03-30
Usa este formato: 2017-03-30
26/12/2016
Rebelión
26 de Decembro de 2016

Desde as graves tensións de 2014, cando a China National Offshore Oil colocou unha plataforma petrolífera en augas disputadas provocando unha marea de tumultos contra intereses chineses, Beijing e Hanoi intentaron rebaixar o seu nivel de discrepancias, encarreirándoas pola senda do diálogo. Días atrás, no entanto, China defendía o despregue das súas instalacións militares no Mar de China meridional mentres reclamaba a Vietnam o cese de actividades nas illas Nansha. Recentemente, Beijing tamén puxo en marcha un voo chárter a unha illa baixo o seu control que tamén reclama Vietnam quen denunciou a violación da súa soberanía.
24/12/2016
OPCh
25 de Decembro de 2016

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 19 ao 25 de Decembro de 2016
1. Informe O anuncio de ruptura de relacións diplomáticas con Taiwan por parte de Santo Tomé e Príncipe supón un revés significativo para a política exterior de Tsai Ing-wen. Aínda que se diga que non afectará “en nada” aos esforzos do goberno para incrementar a participación de Taiwan nos asuntos internacionais, é obvio que non se trata dun fenómeno illado e podería dar pé a unha escalada comprometedora para os intereses exteriores de Taipei. Neste sentido, é indiferente a esgrimida razón financeira pois a contorna política impulsa ao fin da tregua diplomática vixente durante o mandato de Ma Ying-jeou. Beijing deixou abofé fai tempo que algunhas nacións latinoamericanas ansiaban establecer vínculos co continente, iniciativa rexeitada no seu día porque afectaría ás relacións PCCh-KMT e á súa “terceira cooperación”. 
24/12/2016
IGADI
24 de Decembro de 2016

Ao longo deste 2016, os movementos políticos en Europa e nos Estados Unidos máis escorados cara un pensamento situado no espectro da dereita foron gañando influencia social e comezaron a ter relevancia no ámbito electoral e institucional. Véxase, a modo de exemplo, a vitoria de Trump nos Estados Unidos, o Brexit no Reino Unido, as eleccións presidenciais en Austria e o pulso do partido alemán AfD.
23/12/2016
Palavra Comum
23 de Decembro de 2016

Dicía Yuri Andropov (1914-1984), o principal valedor de Mijaíl Gorbachov (1931) nas mais altas instancias do PCUS nos anos oitenta, que os dirixentes soviéticos coñecían mal a sociedade na que vivían. Dicíao el e debía saber do que falaba pois estaba á fronte do KGB desde 1967. Aínda así, daquela ninguén se imaxinaba que a problemática situación xeral procedería definila como unha crise do sistema. O 25 de xaneiro de 1991, a dimisión de Gorbachov oficializou a liquidación plena da URSS.
23/12/2016
El Progreso
31 de Decembro de 2016

Cánto mudará o mundo en 2017? As miradas céntranse no comezo da presidencia de Donald Trump en EUA e nos seus impactos globais. Xa nos refiramos aos escenarios económicos ou estratéxicos, as declaracións do presidente electo estadounidense suxiren mudanzas nalgúns eidos e un claro afán de rachar co continuísmo en áreas relevantes. Será iso posible? EUA segue a ser o país máis poderoso do mundo pero o nivel de interdependencia con outras economías importantes imporá negociacións e concesións.
23/12/2016
CIDOB
23 de Decembro de 2016

Da noite para a mañá, a resultas da vitoria de Donald Trump nas eleccións estadounidenses e o seu cuestionamento da política dunha Soa China, Taiwan pasou nun instante do ostracismo internacional a estar na fala da xente. As declaracións do presidente electo viñan precedidas dun acordo subscrito polas dúas cámaras que permitirá elevar en 2017 o nivel dos intercambios militares entre Taiwan e EUA. E todo iso prodúcese nun contexto de tensión crecente entre Beijing e Taipei desde o pasado 20 de Maio cando a soberanista Tsai Ing-wen, do Minjindang ou PDP, ao asumir o poder, negouse a ratificar o chamado “Consenso de 1992”, un entendemento tácito subscrito polo KMT e o PCCh a favor da reunificación e que serviu de base para o achegamento propiciado durante o mandato da formación nacionalista (2008-2016). 
19/12/2016
IGADI
19 de Decembro de 2016

El viaje del Presidente Nixon a Pekín en 1972 y su encuentro con Mao Tse-Tung, dieron un vuelco fundamental a la geopolítica mundial. En dicha oportunidad ambos países acordaron dejar de lado “la cuestión crucial que obstruía la normalización de sus relaciones”. Es decir el tema Taiwán. Ambas partes necesitaban de este compromiso. Para Mao era la garantía de que Washington no se aliaría con Moscú en su contra, en momentos en que las tensiones de China con la Unión Soviética habían llegado a su punto álgido. Para Nixon ello brindaba la posibilidad de salir de la guerra de Vietnam sin que China explotase en su beneficio esta situación de debilidad estadounidense.
18/12/2016
OPCh
18 de Decembro de 2016

Hebdomadario da Política Taiwanesa
Semana do 12 ao 18 de Decembro de 2016
1. Informe Ás declaracións seguíronlle os avións… O Ministerio de Defensa taiwanés negou un exercicio múltiple en resposta á presenza de avións militares continentais sobrevoando o espazo aéreo internacional en torno a Taiwan desafiando o control da primeira cadea de illas. O exercicio chinés foi o segundo en dúas semanas. Ditas misións son consideradas por Taipei como unha exhibición de capacidade para emprender operacións militares tanto no leste como no oeste da illa. Xapón tamén mobilizou varios F-15J para labores de interceptación. 
18/12/2016
ECO
2 de Xaneiro de 2017

A relación da Galicia territorial coa diáspora reclama novos enfoques. As comunidades galegas no exterior organizadas arredor dos centros galegos encaran non só o reto do relevo xeracional senón tamén a renovación da súa propia misión. Concibidos como expresión da preservación da identidade e do fomento da solidariedade, o certo é que a súa problemática é moi diversa pero seguen constituíndo un referente da nosa marca-país. Os centros galegos, a relación coa Galicia territorial e a aprehensión da nova realidade global, precisan un salto cualitativo que os asocie máis coa nosa creatividade a todos os niveis e a proxección do país no mundo. É por iso que sen minguar nas súas funcións tradicionais, os centros galegos deben abrirse ás sociedades de acollida e converterse en centros onde se poida Vivir Galicia no exterior, é dicir, en espazos onde se dea conta desa nova realidade que é Galicia e desa outra propia Galicia que no exterior vive á marxe dos propios centros por consideralos anquilosados. Cómpre por iso especialmente sumar a eles dous activos, o dos galegos relevantes que están fóra e as novas olas de profesionais que emigraron produto da crise. Que calquera cidadán, sen importar a súa nacionalidade de orixe, poida vivir Galicia achegándose aos centros.
18/12/2016
Tempos Novos
18 de Decembro de 2016

Non se pode contar a historia do século XX nin de Cuba nin de América Latina e ata do mundo prescindindo da figura de Fidel Castro. Con todo, a súa é unha personalidade a destacar non tanto como teórico, como creador ou xerador de ideas, de pensamento novo, como de persuasor, de sedutor, de persoa comprometida con ideais aos que se mantivo fiel ao longo de toda a súa vida. Foi Fidel un revolucionario, un supervivente en condicións perpetuamente adversas, pero non certamente un ideólogo. Por iso mesmo, o seu legado quedará asociado ao feito histórico da Revolución, á inquebrantable vontade de persistir na defensa da soberanía nacional e da xustiza social fronte ao mais poderoso veciño hostil e, conseguintemente, comprometido coas loitas e frontes antiimperialistas en todo o mundo onde agora tanta estima recolle. É esa condición humana, ese compromiso ao longo de toda a súa vida, o exemplo moral, o que deixa como principal legado. E moito é.
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais