Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Idioma
Esglobal (España) 27 de Decembro de 2017 Mansilla Blanco

Rusia, Turquía, Irán e Qatar: ¿realpolitik ou pragmatismo estratéxico?

O presidente turco Erdogan recibido polo emir qatarí, Sheikh Tamim bin Hamad bin al Thani, durante unha visita en 2014

Cómo e en qué medida o emerxente eixe euroasiático trazado por Rusia, Turquía, Irán e Qatar pode transformar a xeopolítica rexional é unha chave estratéxica que, sen embargo, deixa varias interrogantes sobre a súa consistencia e continuidade.

Tralo cumio trilateral de Sochi (22 de novembro), que reuniu aos mandatarios de Rusia, Turquía e Irán coa finalidade de sentar as bases do post-conflito sirio e, principalmente, coa posterior visita a Ankara do presidente ruso Vladimir Putin (10 de decembro), a atención informativa vense enfocando na eventual constatación dun novo eixe xeopolítico entre Oriente Medio e o espazo euroasiático, inicialmente integrado por Rusia, Turquía e Irán pero ao que vense engadindo recentemente un inédito aliado como Qatar.

As expectativas en torno a este eixe, no cal Rusia e Turquía xogan un papel esencial, estarían cifradas na eventualidade de recompoñer o equilibrio de forzas na rexión, particularmente destinadas a minar a política de EUA. Para Washington, esta perspectiva é particularmente preocupante nos casos de Turquía e Qatar, tomando en conta que Ankara é membro chave da OTAN desde 1952 e ata fai un par de décadas, un irrestrito aliado occidental; e que o emirato qatarí ten sido tamén un aliado militar estadounidense no Golfo Pérsico.

Paralelamente, o recente recoñecemento de Xerusalén como capital histórica do Estado de Israel por parte do presidente estadounidense Donald Trump (6 de decembro), confirmada co anuncio de trasladar alí a embaixada estadounidense actualmente en Tel Aviv, sacudiu o taboleiro estratéxico rexional, feito que tamén ten incidido no eixe  xeopolítico euroasiático.

Turquía ten sido precisamente o principal detractor desta decisión de Trump, contando co tácito apoio iraniano pero mais moderado nos casos ruso e qatarí. A oportunidade semella chave para o presidente turco Recep Tayyip Erdogan, quen ha aprovechado a crise por Xerusalén como ferramenta para as súas ambicións de erixirse como un novo líder no mundo islámico.

Para ilo, Erdogan convocou en Istambul o pasado 13 de decembro a unha reunión de emergencia da Organización de Cooperación Islámica (OCI), así como do Movemento dos Non Aliñados (MNOAL), a fin de reforzar as súas críticas polo cambio de status de Xerusalén, acentuando así o seu desafío cara EUA e Occidente trala súa viraxe xeopolítica a favor do eixe euroasiático de Putin. Este cumio declarou a Xerusalén como a “capital de Palestina”, toda vez Erdogan tamén anunciou a apertura dunha embaixada turca en Xerusalén Leste como “capital palestina”. Esta anuncio pode intuír as intencións do presidente turco de erixirse como o  “novo benefactor da causa palestina”.

Polo contrario, a tibia reacción ao respecto por parte de Arabia Saudita implica observar con atención en qué medida Washington está tamén reorientado as súas  prioridades en Oriente Medio a través das súas alianzas tradicionais co reino saudita e Israel. A finalidade de Washington estaría orientada a conter os avances do mencionado eixe euroasiático.

A difícil balanza siria

O post-conflito en Siria converteuse no epicentro nodal de actuación e de tramitación de esferas de influencia que, simultaneamente, une e divide os intereses de Rusia, Turquía, Irán e, en menor medida, de Qatar.

A activa diplomacia multilateral de Putin, quen semella erixirse non só como o auténtico artífice deste eixe senón tamén como o factor de equilibrio entre as partes, tamén xerou preocupación en aliados tradicionais de Moscova, como é o caso de Teherán, e tamén en novos aliados como Turquía.

Se ben a dinámica de actuación que levou ao acordo de Sochi certificou a aceptación por parte de Erdogan de manter en pe ao réxime sirio de Bashar al Asad (con quen tivo fortes enfrontamentos con anterioridade), as controversias de Ankara con Moscova tradúcense no apoio de Putin a incluír aos kurdos sirios na mesa de negociación do post-conflito sirio.

Pola súa banda, Teherán observa con receo cómo a política siria de Putin ten desprazado subitamente a tradicional esfera de influencia iraniano sobre o réxime de Bashar al Asad. O xogo de equilibrios de Putin en Siria levouno tamén a manter contactos con Arabia Saudita, EUA, Israel e Exipto, todos eles rivais xeopolíticos iranianos. Isto tamén condiciona dalgún xeito calquera negociación que se realice en torno ao post-conflito sirio.

Por experiencia histórica, Moscova asume que as súas alianzas e rivalidades en Oriente Medio ten sido máis ben de carácter conxuntural que estratéxico. Polo tanto, o novo escenario traducido no actual equilibrio de influencias emanadas do post-conflito sirio non semella alterar significativamente esta perspectiva. Mais ben, e a pesares dos intereses comúns actualmente existentes, os complexos canais que se observan no post-conflito sirio advirten sobre a posibilidade latente de reaparición de tensións neste eixe conformado por Rusia, Turquía, Irán e Qatar.

Un caso significativo son as percepcións de Rusia e Irán dentro do post-conflito sirio. Se ben a intervención militar rusa logrou salvagardar ao réxime de al Asad, tradicional aliado iraniano na rexión, as reformas políticas que inevitablemente se derivarán do post-conflito, o status que terán agora os kurdos sirios e incluso as rutas enerxéticas que Moscova agarda que eventualmente transiten por territorio sirio dende o Mar Caspio ata o Mediterráneo baixo este novo contexto do post-conflito, poderían converterse en focos de tensión entre Moscova e Teherán. Tensións que tamén poden aparecer con Turquía, tomando en conta as ambicións turcas por tamén proverse desas rutas enerxéticas.

Por outra banda, se ben Irán e Qatar convertéronse subitamente en inesperados aliados, principalmente debido á recente crise diplomática liderada por Arabia Saudita contra o emirato qatarí (xullo de 2017), tampouco semella que estes intereses sexan perpetuos.

Tradicionalmente, Qatar aliñouse co seu  veciño saudita e con EUA nas políticas de contención e de illamento contra Teherán. Do mesmo xeito, Doha tamén ten intereses económicos dentro do post-conflito sirio que poden chocar cos de Teherán, Moscova e Ankara. Toda vez, ao emirato sempre se lle observou como un antigo benefactor do xihadismo salafista.

Tampouco debe esquecerse a cuestión relixiosa que historicamente polariza ao Islam. Oficialmente, o emirato qatarí profesa unha visión sumamente rigorista do sunnismo, mentres que a república teocrática iraniana é o foco de irradiación da vertente xiíta, tradicional rival sunnita dentro das divisións confesionais e xurídicas islámicas.

Noutra orde de ideas, a intervención militar rusa en Siria (2015) e os achegamentos de Moscova cara Turquía, Irán e Qatar, así como tamén cara Arabia Saudita, corresponden igualmente á estratexia de Putin por tentar abortar calquera tipo de expansión do xihadismo salafista cara a propia Rusia e a súa periferia euroasiática. E alí xoga un papel chave Qatar, tradicional benefactor de confrarías e redes islamitas que progresivamente radicalizáronse cara unha ideoloxía xihadista salafista.

A eventualidade dunha radicalización de poboacións musulmáns no Cáucaso e Asia Central é unha cuestión de seguridade nacional imperativa para o Kremlin, que cobra particular incidencia tralo progresivo desaloxo do ISIS en Siria e Iraq e a posibilidade de desprazamento de células xihadistas cara a periferia rusa euroasiática. Poderíamos por tanto asistir a unha fase de “neo-xihadismo” post-ISIS cuxos obxectivos concéntrese precisamente cara este eixe euroasiático impulsado dende Moscova.

Estes e outros factores obrigaron a acentuar a sintonía entre Putin e Erdogan, cada vez mais latente desde 2016. Tras superar a crise diplomática motivada polo incidente aéreo na fronteira turco-siria a finais de 2015, Ankara e Moscova restableceron plenamente as súas relacións a tal punto que, durante este 2017, Putin e Erdogan reuníronse ata en seis ocasiones. Non só é Siria e Oriente Medio senón tamén o turismo, o comercio, os investimentos económicos, a cooperación antiterrorista e o intercambio enerxético os factores que moven e propician esta relación estratéxica ruso-turca.

Co recente cumio de emerxencia da OCI en Istambul, Erdogan tamén busca o impulso promotor de Putin que lle permita erixirse como o novo líder do mundo islámico, utilizando a protesta polo cambio de status de Xerusalén como leitmotiv. Do mesmo xeito, avanzan as negociacións entre Moscova e Ankara para unha eventual admisión turca na Unión Económica Euroasiática (UEE) impulsada por Putin desde 2015.

Non obstante, Moscova e Ankara tamén manteñen tensións históricas latentes. Unha delas ten que ver coas numerosas comunidades de orixe túrquico existentes dentro da Federación Rusa, especialmente dende Crimea e o Cáucaso ata Asia Central. Para Ankara, estas comunidades resultan esenciais porque manteñen presente a visión “pan-túrquica” que con Erdogan volve a cobrar un papel destacado, a tenor dos seus recentes acercamientos a movimientos nacionalistas turcos.

Un destes casos de comunidades túrquicas en Rusia é o dos tártaros, cuxos dereitos lingüísticos estanse vendo afectados ante recentes normativas impostas dende Moscova e que intúen efectos de “rusificación”. Se ben non houbo pronunciamento algún ao respecto dende Ankara, este tema pode resultar eventualmente sensible para as relacións bilaterais ruso-turcas, e que poden cobrar certa perspectiva no caso do eventual ingreso turco na UEE.

Pero a realpolitik do post-conflito sirio semella preservar, polo de agora, o bo nivel das relacións entre Ankara e Moscova. E diso pode aproveitarse Erdogan para fortalecer a súa visión de liderado dentro do mundo musulmán. Aínda que con perspectivas diferentes, entón motivadas polo contexto da Primavera árabe (2011-2012), esta mesma condición de liderado no mundo musulmán xa buscouna Erdogan con anterioridade, cando tentou “venderse” ante Occidente e o  mundo islámico como o adalide dun “neo-islamismo” moderado. Esta perspectiva ampliaba as súas pretensións de acentuar en Oriente Medio unha política de “neo-otomanismo”.

Qatar: un aliado inesperado?

Se ben é mais perceptible a conxunción de intereses entre Rusia, Turquía e Irán, resta observar cal é a natureza e as implicacións da relación destes países co emirato qatarí, cuxas pretensións de converterse nun actor emerxente na area internacional víronse igualmente potenciadas a través do eixe euroasiático.

As relacións entre Turquía y Qatar intensificáronse a partir de 2003, coa chegada ao poder de Erdogan. O obxectivo inicial turco era a atracción de importantes investimentos económicos do emirato do Golfo Pérsico, ampliándose incluso á  cooperación militar. Non obstante, estas relacións xeraron fortes controversias en Occidente debido ao apoio de Ankara e Doha a organizacións xihadistas en Siria (Fronte Al Nusra), así como a movementos islamitas (Irmandade Musulmá).

A pesar da formalización de feito dun súbito eixe xeopolítico con Rusia e Irán en pleno corazón de Oriente Medio, tanto Turquía como Qatar seguen sendo aliados clave para EUA. Como membro da OTAN, Ankara acolle a estratéxica base na localidade de Incirlik (sur do país, próximo ás costas mediterráneas), que Washington ten utilizado en operacións militares en Siria. Con todo, Ankara tamén criticou duramente a Washington polo seu tácito apoio ás forzas kurdas en Siria, consideradas por Turquía como organizacións terroristas.

Toda vez, Qatar acolle desde 2002 o centro de operacións da maior base militar  estadounidense no Golfo Pérsico, a través da súa base aérea de Al Udeid, enclavada no   Centro Combinado de Operacións Aéreas e Espaciais, que Washington tamén utilizou con anterioridade para bombardear posicións do ISIS entre Siria e Iraq.

Non obstante, Washington tamén ten criticado o apoio qatarí a organizacións  islamitas radicais, algunhas delas xerme de captación de militantes do ISIS. Do mesmo xeito, as mobilizacións cidadás produto da Primavera árabe de 2011 foron acogidas con entusiasmo por Turquía y Qatar, feito que incrementou os temores no mundo árabe, principalmente en aliados estadounidenses como Arabia Saudita e Exipto, de que Ankara e Doha estarían eventualmente tecendo un eixe de cooperación favorable ao fortalecemento da Irmandade Musulmá na rexión.

Por outra banda, está o inevitable factor enerxético que move este eixe euroasiático. Isto é mais palpable en países produtores como Irán, que deben combinar con destreza tanto a realpolitik das súas novas alianzas (Rusia, Turquía e Qatar) como a inevitable necesidade de manter acordos con rivais xeopolíticos (Arabia Saudita) que son tamén grandes produtores dentro da OPEP.

Pola súa banda, Rusia e Qatar son grandes competidores no mercado global do gas natural. Pero o contexto xeopolítico entre o Golfo Pérsico e Oriente Medio outorgoulles a oportunidade de establecer nexos de conexión. Tampouco débese descartar o feito de que Rusia e Qatar serán as sedes dos próximos Mundiais de fútbol 2018 e 2022, aspecto que ten incrementado o nivel mutuo de cooperación e de investimentos económicos.

A crisis diplomática de mediados de 2017, na cal Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Bahrein, Exipto, Iemen e Libia cortaron relacións diplomáticas con Qatar, acusándoa de presuntamente financiar a organizacións xihadistas en Siria e á Irmandade Musulmán, foi unha oportunidad clave para o acercamiento ruso-turco-iraniano cara o emirato petroleiro.

Isto pode deberse a que Moscova, Ankara e Teherán poderían calcular que detrás desta crise diplomática estaría a man de Washington, coa finalidade de polarizar e de conter a viraxe qatarí cara o eixe euroasiático, así como contrariar os intereses rusos na rexións e contribuír ao illamento iraniano.

Con todo, a continuidade deste emerxente eixe xeopolítico entre Rusia, Turquía, Irán e Qatar deberá medirse ante a súa capacidade para conciliar os seus respectivos intereses en torno ao post-conflito sirio. Pero outro escenario chave será observar cómo acometerá este eixe a cada vez maior evidencia do “retorno” de Washington en Oriente Medio, neste caso a través dos seus tradicionais eixes estratéxicos con Israel e Arabia Saudita, e que tivo a súa ferramenta estratéxica coa recente decisión de Trump sobre Xerusalén.

 

 

 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais