Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Idioma
24 de Outubro de 2017 González Fernández

Primeiras influencias do referéndum catalán no separatismo americano

O movemento independentista catalán está a ter influencia sobre movementos semellantes en América. Dende Quebec ata a Illa de Pascua. Non obstante, aínda queda por ver se a crise catalá realmente potenciará os movementos separatistas do outro lado do Atlántico.

As ideas do separatismo dentro dos países americanos son prácticamente tan antigas como o auxe destas nacións. Panamá, por exemplo, naceu como país cando se separou de Colombia en 1903, por un movemento nacional de independencia que recibiu a atención dos Estados Unidos, interesado na construción do canal que atravesa o istmo.

Nos Estados Unidos, os movementos que buscan a independencia de California e Texas tamén acolleron con bos ollos a nova procedente de Cataluña, aínda que os seus propios proxectos teñen oportunidades limitadisimas de triunfo.

En Québec houbo dous referendos de independencia en 1980 e 1995 nos que o separatismo foi derrotado (por estreita marxe a segunda vez). Con todo, en 2006 o parlamento canadiense recoñeceu a Quebec como unha nación dentro do país, mentres que os separatistas da provincia mantiveron a idea de  pular por un tercer referendo. E agora que Cataluña celebrou o seu propio referendo sobre a independencia o 1 de outubro, declarado ilegal pola xustiza española e cun 90% dos votos a favor do "si", algúns quebequeses mostran seu entusiasmo.

As repercusións de Cataluña ata chegaron á Illa de Pascua onde os membros do grupo étnico rapanui  manteñen diferenzas históricas co goberno de Chile en reivindicación de maior autonomía.

Non obstante, tras os acontecementos en Cataluña -e quizais debido á crise que xeraron- os movementos separatistas das Américas parecen non sumar moito apoio masivo nestes días.

De feito, a consulta separatista no sur de Brasil recibiu preto de 350.000 votos para o "si" segundo os organizadores, ata menos dos case 600.000 que cobrou outro igual o ano anterior e por baixo do 2% do total dos votantes rexistrados na rexión. Isto a pesares da peor crise económica do Brasil nas ultimas décadas e do maior escándalo de corrupción política.

En países como Brasil, Arxentina ou México é difícil unha posibilidade de separatismo, pola fraxilidade dos movementos locais e porque son países con réximes federalistas que deron autonomía e poderes aos gobernos rexionais. Pola contra, hai riscos de que isto poida converterse nunha crise nun país como Bolivia , que na última década tivo tensións moi graves neste eido.

Iso si, todo poderia cambiar se a República de Cataluña fora recoñecida a nivel internacional.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais