Distribuir

Distribuir contido
Apartados temático/xeográficos
Idioma
Sermos Galiza 20 de Marzo de 2015 VV.AA.

Cuba-Estados Unidos: Outra pelexa cubana contra demos

Unha reflexión de Soledad Cruz, escritora e ex representante de Cuba ante a UNESCO
mision_scuba_2009_260.jpg

As relacións con Estados Unidos son un mal necesario e o maior risco para a Revolución cubana na súa máis de media centuria de historia. Só poderán estabelecerse se se elimina o bloqueo e outras medidas agresivas do gran imperio contra a illa porque sería un disparate abrir embaixadas para darlle facilidades a Estados Unidos para o seu labor subversivo interno, o cal declarou abertamente a actual administración.

Para ninguén é un segredo que nos máis recentes 25 anos, coa desaparición do campo socialista e o incremento da agresividade de Estados Unidos, abríronse fendas na economía cubana e aínda que se mantiveron as fundamentais conquistas sociais, unha porcentaxe importante da poboación practica como principio ideolóxico o melloramento material da vida con particular pragmatismo, e sobre eles, por suposto, enfilarán o seu interese os Estados Unidos unha vez que volvan diplomaticamente a Cuba.

Xa en Cuba reapareceron os demos da consecución de diñeiro fácil, dos novos ricos, das tendencias consumistas, dos que por un puñado de dólares decláranse disidente. E claro, Estados Unidos non emprega diñeiro na saúde do seu pobo, pero dedica moito a comprar xentes, patentes, a subverter calquera modo social e político que non se aveña aos seus intereses e en Cuba está danada unha parte do tecido social.

Hai tamén unha parte importante da poboación cuxo discernimento lúcido mantívose por encima dos cruentos anos da crise dos 90, dos erros e desacertos, que dará a batalla por manter a esencia humanista da Revolución, que loitará contra a corrente economicista, que será conciencia crítica ante os excesos que poidan producirse.

Tampouco lle será fácil aos Estados Unidos o seu afán de acabar co exemplo de Cuba.

 

 

 

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais