Distribuir contido

Cuba

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2171 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

10/09/2010
10/09/2010

O modelo cubano xa non funciona, incluso para nós”. Trátase dunha frase tan contundente como lapidaria pronunciada nunha entrevista concedida á publicación estadounidense The Atlantic, na que o ex presidente cubano Fidel Castro abre toda serie de especulacións sobre o acontecer na illa caribeña, en particular sobre a consistencia do modelo socialista.

31/08/2010
05/09/2010

Cuba parece haber iniciado una tímida, pero seria, aproximación a las experiencias económicas asiáticas, tanto en el plano de la reforma interna como también en materia de atracción de inversiones extranjeras, abordando reflexiones con clara vocación asimilatoria. No es la primera vez que en estos o en similares términos se produce este debate.

01/08/2010
01/08/2010

A liberación de 52 disidentes políticos do denominado “Grupo dos 75”, tras meses de negociacións entre o goberno de Raúl Castro e a Igrexa Católica; a suspensión da folga de fame do disidente Guillermo Fariñas; a intensidade nas manifestacións das Damas de Branco, e táctica reaparición televisada de Fidel Castro, son elementos que certifican cómo o acontecer cubano segue ofrecendo unha sucesión de variables e escenarios que alimentan todo tipo de hipóteses sobre posibles aperturas e reformas na illa caribeña.

26/04/2010
22/04/2009

Cuba vive unha turbulenta vaga de acontecementos que, inevitablemente, influirán na evolución do seu futuro político. A presión da disidencia nas demandas de apertura, o acoso e presión política exterior, a reafirmación institucional dos “valores revolucionarios” e as penurias da crise económica, son factores que reafirman a sensación de que unha nova etapa está xurdindo na illa caribeña.

04/03/2010
03/03/2010

Resulta paradoxal que miles e miles de médicos cubanos salven vidas polo mundo adiante e que ese mesmo sistema que tanto se gaba non sen razón da súa solidariedade como norma no proceder exterior non sexa quen de impedir a morte de Orlando Zapata.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais