Distribuir contido

África

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2169 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

20/03/2011
19/03/2011

A decisión do Consello de Seguridade da ONU de aplicar unha zona de exclusión aérea en Libia, nun momento en que as tropas de Muammar al Gadafi preparaban o asalto final de Bengasi, bastión das forzas rebeldes, encamiña a este país do Magreb a un destino similar ao ocorrido con Iraq entre 1991 e 2003, que levou ao illamento internacional contra o extinto réxime de Saddam Hussein e a materialización de facto dun proceso de “balcanización” e separación territorial.

20/03/2011
18/03/2011

Tomando por sorpresa a iniciativa política, o discurso do rei Mohammed VI realizado o pasado 9 de marzo anunciando unha serie de “profundas reformas constitucionais”, certifica os temores en Rabat, EEUU e Europa ante a posibilidade de que a rebelión popular no Magreb finalmente afecte a estabilidade dun socio tan estratéxico como Marrocos.

15/03/2011
12/03/2011

Como ven sendo xa costume, Europa está desaparecida dun conflito que é vital para a súa subsistencia e no que ao mellor se está cocendo para ela un futuro moi negro. E no caso de Libia a súa postura de ausencia e desentendemento é de verdadeira negación duns valores que, ao parecer, están deixando de o ser.

01/03/2011
27/02/2011

Entrevista a Xulio Ríos: “O destino das revolucións nos países árabes é incerto”

Durante os últimos vinte anos o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) debullou polo miúdo a situación internacional e as repercusións que podían ter para Galicia. “Nun contexto de internacionalización no que as fronteiras se dilúen, tentamos poder tirar proveito e universalizar a identidade galega”, asegura

01/03/2011
28/02/2011

Libia ten moi pouco que ver cos demais países veciños. A súa sociedade é a máis tribal de todos eles; non ten en realidade un exército (Gadafi sempre pensou que non lle conviña para evitar tentacións golpistas); é un país na práctica sen Estado; e as súas institucións son tan rudimentarias que se poden ter por inexistentes.

23/02/2011
23/02/2011

Correrá o réxime de Muammar al Gadafi o mesmo destino que os de Ben Alí e Mubarak? A pesar do cruento baño de sangue, que cifran en aproximadamente 250 os mortos pola represión, e da sublevación de rexións no leste de Libia, con epicentro na localidade de Bengasi, unha primeira perspectiva cuestionaría a posibilidade de desintegración inmediata do réxime instaurado polo coronel Gadafi a partir de 1969.

23/02/2011
23/02/2011

As revoltas que actualmente sacoden ao Magreb verifican a palpable miopía e ausencia de alternativas por parte de EUA, Europa e Israel á hora de observar ao mundo árabe con perspectivas diferentes aos parámetros da seguridade, un aspecto que igualmente considera a súa sensible perda de peso xeopolítico e estratéxico.

23/02/2011
22/02/2011

Estamos a ver que dá de si esa “transición ordenada” que Barack Obama pediu (ou máis ben esixiu) aos militares exipcios. Como xa dixemos a semana pasada, non parece que as demandas do pobo vaian ser escoitadas e atendidas. No mellor dos casos, teremos unha solución á turca.

21/02/2011
21/02/2011

Unha reflexión acerca dos movementos sociais no mundo árabe de hoxe

Os medios de comunicación nos asaltan e reclaman estas últimas semanas cun reconto pormenorizado dos acontecementos que se están a suceder de forma primordial, aínda que non exclusiva, dentro do mundo árabe: Tunisia, Exipto, Xordania, Bahrein, Yemen… pero tamén Palestina, Libia, Irán, Marrocos ou Alxeria parecen terse instalado entre as prioridades dunha actualidade informativa europea na que, polo de agora, soamente semellaban ter o privilexio de entrar pola vía dos atentados terroristas ou como consecuencia de imprevistas catástrofes naturais.

20/02/2011
20/02/2011

Os cambios en Exipto e Tunisia reconsideran o futuro da rexión

Os acontecementos que sacudiron a comezos de ano Tunisia e Exipto, cun percorrido que non está de todo rematado e que pode afectar aínda a máis países do Magreb e Oriente Próximo, pasaron, trala saída de Hosni Mubarak, da sorpresa á reflexión en función das expectativas e incertezas que se abren coa nova situación instaurada nunha zona de gran importancia xeopolítica.

15/02/2011
14/02/2011

Sorprende como dun dia para outro os medios de comunicación, ata os máis solventes, descubriron a perversa natureza das ditaduras de Tunisia ou Exipto. Ata entón, que eu lembre, no norte de África, soamente existía unha ditadura, a de Gadaffi, polo que parece o país máis estable de todos na devandita franxa, en parte quizais por ostentar menores niveis de desigualdade.

07/02/2011
04/02/2011
Revista ZETA - Venezuela

Independientemente de la continuidad o no en el poder el presidente egipcio Hosni Mubarak, lo que está ocurriendo en ese país supone un fenómeno que trastocará sensiblemente el mapa geopolítico en Oriente Próximo y el Magreb, a través de un levantamiento popular con ansias de apertura democrática que ya tuvo su primer ensayo en Túnez a comienzos de 2011.

07/02/2011
01/02/2011

A rebelión tunecina, a máis importante neste país desde a súa independencia colonial de Francia en 1956 e que está actualmente sacudindo a estratéxica área mediterránea e do Magreb, aborda diversos e importantes exemplos para un mundo atomizado pola crise económica global.

06/02/2011
06/02/2011

A rebelión popular acaecida a comezos de 2011 en Tunisia, que acabou coa autocrática presidencia de Zine El Abidine Ben Alí, está reproducindo os seus efectos na veciña Exipto, sacudida desde o pasado 25 de xaneiro por unha vaga interminable de protestas populares que colocan nunha delicada posición ao seu octoxenario presidente Hosni Mubarak, no poder desde 1981.

02/02/2011
31/01/2011

E agora Exipto. E con el Xordania e o Iemen. Parece que, ao cabo, se desencadeou o efecto dominó. Pero Exipto non é Tunisia: ten oitenta millóns de habitantes, é o país que lle quitou Suez ás potencias coloniais e que en 1973 desafiou a Israel. O que lle confire moito prestixio en todo o mundo árabe.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais