Distribuir contido

Acción exterior de Galicia

Distribuir

Distribuir contido

Boa parte do traballo do IGADI plásmase en numerosos artigos e colaboracións en prensa e revistas especializadas.

Para unha mellor clasificación e localización dos actuais 2171 artigos que integran a sección de Análise e Opinión, temos dividido estes nos seguintes apartados temático/xeográficos:

16/06/2011
16/06/2011

A Galicia autodestrutiva agroma de moi diversas formas. Mesmo antes de que algo comece a dar algún froito empeñámonos en podalo sen remisión. Digo isto porque non é que me cause sorpresa o retintín con que algúns abordan a visita dunha delegación parlamentaria a China, senón porque, una vez máis, revela a necidade reinante no noso país e a falta de formación no internacional dos nosos profesionais.

20/04/2011
21/04/2011

Diciámolo hai xa máis de dez anos nunha reflexión conxunta entre o IGADI e a Universidade Fernando Pessoa: o futuro da eurorrexión pasa pola súa internacionalización.

08/03/2011
01/04/2011
ECO

O retroceso é un dos eixes que vertebran o diagnóstico do Informe sobre a Acción Exterior de Galicia 2011 elaborado a instancias do IGADI contando coa colaboración dun abano plural de especialistas en diferentes áreas. En realidade, tal como nel se argumenta, ese retroceso non é resultado exclusivo da crise.

12/02/2011
14/02/2011

Galicia é un país europeo, pero tamén un país atlántico. Pequena e periférica, a nosa proxección continental e marítima confírenos unha singularidade xeopolítica que debe inspirar notoriamente o noso modelo de inserción internacional con opcións estratéxicas que deben gozar de certa permanencia aínda adaptándose ás características do momento histórico que estamos vivindo.

23/01/2011
23/01/2011

“No empresariado pesa a idea de que a política é prescindible nos negocios”

16/01/2011
01/02/2011
ECO

A contraposición tradicional entre o local e o global hai tempo que xa é historia. Non obstante, en Galicia, segue sendo moeda común o desentendemento do poder municipal respecto da acción exterior, reducida a accións conxunturais e carentes da mínima estratexia.

18/10/2010
16/10/2010

Asevera o historiador Anselmo López Carreira que durante o século XIV desde Galicia faise un importante esforzo, probablemente un dos últimos antes de que o vello reino pase a ser xa definitivamente apéndice de Castela, por desenvolver unha política interna e externa propias. Un dos episodios quizá máis coñecidos deste período é o de Inés de Castro.

26/09/2010
01/10/2010

O proceso de construción da nación é inseparable do proceso de construción dun mundo de nacións. Así entendido, o nacionalismo, mesmo cando a súa aspiración cristaliza nunha reivindicación de corte independentista, non é outra cousa que a definición dun novo xeito de unión cos demais pobos e, en ningún caso, expresión de arredismo algún baseado no hipotético erguemento de novos valados que amosen insolidariedades, como denuncian a cotío moitos dos seus críticos.

Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais